martes, 13 de junio de 2017

Moon Duo "Occult Architecture, Vol.2"

A comezos de ano os Moon Duo lanzaban a primeira entrega de 'Occult Architecture', un álbum máis escuro do habitual na súa liña e con moitas referencias as bandas da dark wave dos 80s. 
O mes pasado lanzaron a continuación: "Occult Architecture, Vol.2" e nesta segunda entrega empregan tódo-los seus recursos para facer algo distinto, o primeiro presentouse como unha mazmorra, e este coma un palacio de cristal. Así a tormenta de kraut, shoegaze, space rock e psychodelia se emprega para facer un álbum optimista e luminoso, formando dous álbumes complementarios que deberían funcionar coma opostos perfectos.
'New Dawn' abre esta entrega con tódo-los elementos más recoñecibles da banda, densidade, melodías, capas, e dende aquí todo vai mudando. 'Mirror's Edge' un tema de base kraut, que se queda en bucle, e que parece incluso inspirada en moitas evolucións propias do Madchester máis festeiro.
'Sevens' e 'Lost in Light' son a propostas máis optimistas do álbum, con tódo-los elementos de sempre, pero con melodías máis amables e as harmonías moi fluídas, e uns coros para rematar o tema que son todo paz. Para rematar 'Crystal World', un instrumental de dez minutos que xoga coa rítmica e os sintes ambientais. 
Sempre quedamos con gañas de máis. Un álbum extrañamente relaxante.

MOON DUO "Occult Architecture, Vol.2"
(Sacred Bones, 2017)



No hay comentarios: