A semana pasada xa vos adiantamos o novo álbum dos Traveti Afgano, e dende entón levamos días dándolle voltas e non podemos soltalo.
"Nos Vale Madre" é un discazo de post-punk garagero no que reventan tódo-lo parámetros do revival. Son 13 temas con letras que son un puto delirio, e nas que non deixan títere con cabeza, dende o himno foilanista, Guardiola, ou a historia d novo Nelson Maldela.

Se vos gustou o primeiro, preparádevos porque este é moito máis consistente no musical e ainda máis divertido que o seu debut. Aquel "Jefes de Julais" recollía pezas elaboradas durante máis tempo e coa formación en crecemento. Xa estabilizados como cuarteto este "Nos Vale Madre" é un auténtico discazo que non vos podedes perder.
Está editado en colaboración de cinco selos: Mama Vynila, Pelgar, Discos Anormales, Producciones Esporádicas e a Droguería La Camelia de Portonovo.
A cara A preséntase máis homoxénea, abren con 'Brillet', 'Bauhaus Tendencia Mundial' un post punk de manual cun órgano denso que lle da ese toque de revival sixtie tan fantástico, para unha historia delirante, atoparedes máis cousas nazis na versión dos Angry Samoans 'La Polla de Hitler' no final da mesma cara. Rompen ese equilibrio con 'Humberto Anido', unha desas xenialidades de idiomas inventados polo Sr. Anido, ou o festival de berridos e arranxos de 'Bolchevismo'.

Para a cara B nos deixan unha secuencia moito máis variada con continuos cambios de velocidade que son unha auténtica xenialidade. Comezan coa lánguida 'Golden Apples' (versión dos enormes Country Teasers) convertida na historia da banda máis cool do underground, 'Salto en la línea sucesoria' que xa se postula coma himno do froilanismo, 'Engendro del Mar', a autoafirmación de 'Non', e o surf terrorífico de 'Mars or Astromars' de influencia máis que evidente, os cambios de 'Nuevo Mandela' que me parece o auténtico pelotazo do disco, e que debería ser dende xa a canción do verán (a salvación virá dun Nelson Maldela nacido en Burela), e para rematar a futbolera 'Tiqui Traca'. Tremendas unha detrás de outra, se te despistas perdes a metade.
Discazo recomendadísimo!
Discazo recomendadísimo!
TRAVESTI AFGANO "Nos Vale Madre"
(Mama Vynila Records / Discos Anormales / Producciones Esporádicas /
Droguería La Camelia / Pelgar Records, 2017)
No hay comentarios:
Publicar un comentario