viernes, 30 de junio de 2017

18º Aniversario do RIF-ROCK!!

Aquí tedes o temos preparado para celebrar o
18º Aniversario do RIF-ROCK!!


En xullo do 2017 o Rif-Rock cumpre 18 anos. Dezaoito!!!
Este ano, por problemas de axenda, teremos un programa máis reducido ca noutras ocasións, pero tentaremos meter as demáis propostas nos próximos meses. 
Aquí tedes o que vos temos preparado para a os días 7 e 8 de xullo:

Venres 7 de Xullo:
PTOOFF & Bimba POP! Sesión Cumpreanos Total!! Con cous dos habituais da nosa cabina que tamén estarán ese fin de semana de celebracións. Un man a man que seguro será tremendo.

Sábado 8 de Xullo:
LOS KING KONGS en directo dende as 23:45h.
Non podía faltar a música en directo, e como cada ano presentámosvos un show único. Los King Kongs son outra posta en escea dos irmáns Lorre (Dead Wood, Wavy Gravies, Family Folks...) que atacan de novo acompañados polo contrabaixo psychobilly de Koko (Breakin' Bones, Pegas Negras), para ofrecernos un concerto de repertorio exclusivo con clásicos do rock máis primitivo e moitos temas propios. Espectáculo garantizado!! 
E para rematar a noite o noso gurú MICHI CALAMBRES tomará os mandos da cabina, para outra das súas inesquecibles sesións. 
Un fin de semana ben copleto!
Non vo-lo perdades!!

No hay comentarios: