lunes, 3 de julio de 2017

Gemma & The Travellers "Too Many Rules & Games"

Comezamos a semana cunha recomendación que nos chega dende WillWork4Funk.
O primeiro lp de Gemma & The Travellers, aínda que xa non son novos nesto.
Afincados na cidade francesa de Rennes contan con membros da bretaña francesa e UK. Comezaron coma dúo, The Travellers, formados por Gemma Marchi e o guitarrista Robert Patersson cunha primeira referencia de 2008 e un par de singles autoeditados e un ep entre 2010 e o 2013. Cos anos foron sumando membros á banda ata cambiarse por Gemma & The Tavellers. Con toda esta traxectorio chega o momento do seu primeiro lp, "Too Many Rules & Games", da man do selo xermano Légère Recordings, que xa nos adiantaron no fantástico single 'Too Many Rules & Games' coa cover do 'Save Me' de Aretha Franklin na cara b.

Neste álbum continúan a súa evolución de rhythym'n'soul, intenso e con moitos medios tempos, que cede a maior parte do protagonismo á voz de Gemma Marchi. Presenta dúas caras ben diferenciadas, a primeira máis rítmica e a segunda moito máis íntima. Comezan co tema más funk do traballo 'I Keep on thinking' que xenera unha certa frustración por que de ahí en diante non volveremos a ter esa rítmica poderosa. Continúa co 'Too many rules and games' un precioso medio tempo que da título ao álbum, coma 'I've got no fellin', ou as pezas 'I Can Fly' e 'Where i lived before' que nos levan ao rhythm blues máis clásico.
A cara b preséntase maís homoxénea, comezando cos medios tempos de 'Please don't Forget my Name' e 'I believe in you' intensos e melodicos, ata con algunha tendencia ao pop, 'Take my Heart & Breath' é a balada soul do álbum, e rematan devolvéndonos ao rhythm'n'blues más clásico para lucimento da voz de Marchi, e que vai evolucionando ata ceder totalmente o protagonismo a guitarra e saxo que rematan coma solistas.
Un álbum que comeza coma un cañonazo, pero que remata por ser unha colección de medios tempos de moi boas melodías e factura sinxela, pero executada á perfección. Seguro que atopades o momento axeitado para desfrutalo.


GEMMA & THE TRAVELLERS "Too Many Rules & Games"
(Légère Recordings, 2017)




No hay comentarios: