Máis recomendacións refrescantes que nos chegan dende WillWork4Funk.
Tape Five é o proxecto máis ambicioso do productor xermano Martin Strathausen, un dos pioneiros do electro-swing, que mestura jazz clásico, dixie, funk, soul, música latina, dub ou tango sobre bases de electrónica retro.
Unha auténtica trituradora de ritmos coa que leva publicados xa sete álbumes dende o 2005 e media ducia de eps.
En abril lanzou o seu último traballo "Soiree Deluxe" da man do selo xermano ChinChin Records. Un traballo longo, con 18 temas (algúns meros interludios) de tóda-las posibilidades do seu repertorio, con todos eses estilos mesturados ou por separado, e numeorosos guiños a clásicos de cada xénero. Ademáis, cada peza axustada ás características dos vocalistas que habitualmente colaboran nos seus traballo: Dionne Wudu, Henrik Wager, Brenda Boykin, Iain Mackenzie, Yuliet Topaz e Maria Maschenka.
Se teño que recomendarvos temas, escollo os que menos, ou nada, teñen de bases electrónicas. Ahí va a miña selección: 'Hush Hush Magazine' e a preciosa 'Love gun', dúas pezas de funk e soul, un tema más serio coma 'Nowheres End', o reggae de 'Burn the city', ou o dub hiphopero de 'Crazy World Crazy World', pero tamén instrumentais como a relaxante 'Topanga Valley' ou 'Do the Hobo Shuffle' que é puro electroswing.
Un álbum de auténtico divertimento no que atoparedes de todo para tódo-los gustos, e seguro que mentres lle dades volta non aguantades cos pes quietos.
WillWork4Funk.
TAPE FIVE "Soiree Deluxe"
(ChinChin Records, 2017)
No hay comentarios:
Publicar un comentario