miércoles, 12 de julio de 2017

Los King Kongs, o show do 18º Aniversario

Fantástico fin de semana para festexar o noso 18º Aniversario. Ao final quedou cun programa máis reducido que en anteriores ocasións, pero as axendas mandan. Prometemos incluir algunha das cousas que nos quedaron atrás nos próximos meses.

O venres 7 foi o turno da sesión de Ptooff & Bimba Pop, era a primeira vez que compartían a cabina nun fin de semana de cumpreanos total e seguro que repetirán.
O sábado 8 o prato forte, co directo de LOS KING KONGS, banda para a ocasión montada entre Los Wavy Gravies, e o contrabaixo de Koko (Breakin' Bones e Pegas Negras), e tampouco podemos esquecernos de Vanessa que se fixo carga das maracas en cada tema que a reclamaron. Un show de moito nivel, cheo de clasicazos do rock'n'roll maís primitivo, sons de serie b, moito surf, garage e co revival de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, por suposto rematando con Michi Calambres no escenario para o tema de despedida.
O fin de festa correu a cargo de Calambres, coa tremenda sesión ata o peche, garage, punk, distorsión e xoias do baúl das que sempre collemos moitos apuntes.

Gracias a todos por apuntarvos á celebración, así da gusto seguir cumprindo anos, e por suposto a todos por vir, que senón nada disto tería sentido. Pero especialmente á panda do cumpreanos total que chegaron armados de caretas dos king kongs para sorprender á banda. Detallazo!

Xa tedes o subido o concerto completo na nosa canle de youtube, na anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4), ou todo seguido en lista de reproducción:


No hay comentarios: