Imos comezar a semana recomendándovos un dos discazos da tampada.
Trátase do primeiro longo dos Bifannah, unha das bandas que máis está a dar que falar nestes últimos tempos. Xa vos recomendamos o seu single do ano pasado, e dende xuño xa está dispoñible o seu esperado primeiro lp, "Maresia" da man do selo The John Colby Sect.
"Maresia" é un álbum moi ambicioso, na gravación, mesturas e masterización, o resultado son dez temas que retorcen ese moody garage, a psychodelia de baixa fidelidade, o tropicalismo de finais dos 60s e moitos elementos do pop máis coidado e luminoso. Das influencias, máis que evidentes, xa nin vos imos falar. Por destacar algúns cortes, quédome coa enorme 'Pequeno Selvagem' de melodías impecables, e xogos de voces que son auténtico alucine, con eses toques de garage sofisticado, coma en 'Faz-Me Mal' ou 'Magic Mamba' que xa aparecía no seu single de presentación, o groove tropical de 'Kala-Mala', a divertida 'Ja ninguen gosta de você', ou o pop psychodélico máis intenso de 'Ervas'. Imposible aburrirse con esta xente.
Un discazo, do mellor do que vai de ano. Recomendadísimo, e por suposto, non vos perdades os seus shows deste verán.
BIFANNAH "Maresia"
(The John Colby Sect, 2017)
No hay comentarios:
Publicar un comentario