viernes, 21 de julio de 2017

Bei Bei & Shawn Lee "Year of the Funky"

Hoxe imos a recomendarvos unha auténtica rareza.
O novo álbum entre a chinesa Bei Bei e o polifacético productor Shawn Lee, autor de multitude de álbumes, colaborador de xente coma Jeff Buckley ou Amy Winehouse e habitual na música de cine e tv. 
Bei Bei é unha virtuosa do guzheng, uns instrumento tradicional da China, documentado no seu uso dende alomenos dous mil anos. Afincada en California na última década lanzou o seu primeiro traballo con guzheng no 2006, e no 2010 publicou a súa primeira entrega compartida con Shawn Lee ("Into the Wind" con Ubiquity Records). Agora lanzan unha segunda entrega desa colaboración, "Year of the Funky" através do selo xermano Légère Recordings.
A súa proposta é unha fusión ben curiosa, entre un instrumento tan exótico en Europa coma é o guzheng, e o jazz abstracto, o funk electrónico e todo tipo de rítmica groove e programacións. A mestura resulta ben interesante, conecta oriente e occidente, os sóns do pasado e os do presente.
Nos primeiros temas con tendencia ao relax, mentres que a fusión faise máis patente segundo avanza o álbum, en temas coma 'Year of the Funky' ou 'Black Nylon' que son puro ritmo groove, co máximo en 'Danxia Disco', para volver a mesturas máis relaxadas cara o final. Teredes que escoitalo vós mesmos.
Unha auténtica rareza que vos recomendamos.

Year of the Funky no bandcamp de Légère.

BEI BEI & SHAWN LEE "Year of the Funky"
(Légère Recordings, 2017)



No hay comentarios: