Levamos varias semanas se atopar un momento para escribir algo sobre este álbum. É certo que foron semanas de moito traballo den varias cousas, pero é que esta nova entrega dos King Gizzard & The Lizard Wizard é para escoitalo ducias e veces e non saber que decir sobre el.
"Murder of the Universe" é o seu segundo traballo neste 2017, no que promteron cinco. Trátase dun álbum conceptual con 21 temas divididos en tres capítulos, "Chapter 1: The Tale of the Altered Beast", 'Chapter 2: The Lord of Lightning vs. Balrog' e 'Chapter 3: Han-Tyumi & The Murder Of The Universe', nos que se alternan cancións propiamente ditas cunha duración standard, con fragmentos de menos de un minuto, e ao longo de tódo-los cortes con voces que narran diferentes historias por encima da música e a voz de Stu Mackenzie. No musical, trátase do álbum no que maís se deixaron levar pola música progresiva e o heavy psych. Con momentos brillantes, pero bastante desconcertante en conxunto. Teredes que escoitalo de tirón para saber de que vai todo isto.
Mentres, xa anunciaron a próxima entrega para a volta do verán, que levará por título "Sketches of Brunswick East", que adiantan que se trata de un álbum de free jazz inspirado no "Sketches of Spain" de Miles Davis. Veremos que sae de ahí.
KING GIZZARD & THE LIZARD WIZARD "Murder of the Universe"
(Flightless Recordings, 2017)
No hay comentarios:
Publicar un comentario