Este mes ven de publicarse esta biografía novelada de Lon Chaney pola editorial Notorious. Unha obra a cabalo entre o relato, a biografía e a ilustración, todo a cargo do debuxante José Ramón Sánchez, que fora recoñecido polo Ministerio de Cultura co Premio Nacional de Ilustración no 2014 por toda a súa carreira. Aos seus 80 anos aínda lle queda corda para traballar, e aquí temos o seu último traballo, unha biografía en máis de 400 páxinas dun dos grandes outsiders do cinema Lon Chaney, o home das mil caras, xenio da transformación e figura fundamental dos inicios do cinema de terror dos anos 10s e 20s.
Máis info na web de Notorious Ediciones, donde tamén atoparedes unha pequena galeria de mostra do contido.
José Ramón Sánchez
"Me Enamoré de una Máscara. (Biografía novelada de Lon Chaney)"
(Notorious Ediciones, 2017)
No hay comentarios:
Publicar un comentario