lunes, 31 de diciembre de 2018

Fin de Ano 2018

FELIZ ANO A TODOS!!
Que o 2019 sexa todo o que vós queirades, e aínda mellor!
E si queredes, esta noite no Rif-Rock: RifRocKerZ & CUATRO FOTOS!
Non atoparedes un plan mellor para comeza-lo ano. 
Apertura ás 00:30h. 


domingo, 30 de diciembre de 2018

Vibravoid "Vibrations from the Cosmic Void"

Tardamos en facernos con el, pero ao fin temos o último dos Vibravoid.
"Vibrations from the Cosmic Void" é a continuación ácida do "Mushroom Mantras" do ano pasado. A banda segue nun estado de forma envexable, e nestes momentos parecen capaces de encarar calquer tipo de peza sen ningún tipo de complexos.
Este novo traballo contén 5 novos temas, abren coma sempre co tema máis asequible do álbum, a segunda parte do tema que da título ao álbum, e pechan a cara A con 'Melodies of the Stars', unha peza con algún dos pasaxes máis kraut que nos teñen ofrecido. Na cara b todo o protagonismo para a suite de 20 minutzaos de 'The Intergalactic Playground'. Outra marabilla alucinada dos de Düsseldorf.
Un imprescindible deste 2018.

VIBRAVOID "Vibrations from the Cosmic Void"
(Stoned Karma Records, 2018)




Status Quo 'Pictures of Matchstick men'


jueves, 27 de diciembre de 2018

Family Folks "The Anvil Sea"

Antes de rematar o ano, aínda faltaba recomendarvos o novo traballo dos Family Folks. "The Anvil Sea" é o seu ambicioso segundo lp, con 16 temas de folk cósmico. Dispoñible en cd e dobre lp. A ver se pronto nos facemos con el, porque xa estamos hipnotizados con '13th Blues'. 
Xa dispoñible en tódolos formatos no seu bandcamp.

FAMILY FOLKS "The Anvil Sea"
(Gaztelupeko Hotsak, 2018)



miércoles, 26 de diciembre de 2018

Outono Festival: Aretha & The Soul Divas

Mañán será a última entrega do Outono Codax Festival 2018.
Un concerto especial de tributo a Aretha Franklin, coas vocalistas Mayka Edjole (The Sweet Vandals), Erin Corine, Juno Kotto King (Juno&Darrell) e Astrid Jones Ndjoli (Astrid Jones & The Blue Flaps), acompañadas pola banda The Silvervacks.
O próximo ano, esperemos que maís...



lunes, 24 de diciembre de 2018

Bo Nadal

Bo Nadal a todos!!
Que pasedes unhas boas festas na mellor compañía.
E xa sabedes, despois dunha boa cea, nós estamos de volta no Rif-Rock pouco máis tarde da medianoite.


viernes, 21 de diciembre de 2018

esta noite: Trash!


Radio Birdman

Aquí tedes unha parte do documental Descent into Maelstrom de Radio Birdman con material recuperado e restaurado. Hai un par de semanas subiron un corte cun par de temas no que podemos ver a uns xovencísimos Radio Birdman en directo, actuando para a TV australiana dende o mítico I-64 Bar de Sydney, interpretando 'TV Eye' mesturada con 'Kick out the Jams' e a propia 'Descent Into the Maelstrom'. Que gañas e velo completo...



jueves, 20 de diciembre de 2018

proximas datas...

Aquí tedes as próximas datas da nosa programación ben ordenadas:
· Ven.21 dec: Trash!
· Sáb.22 dec: CALAMBRES
· Ven.28 dec: Black Grooves
· Sáb.29 dec: PTOOFF!
· Luns 31 dec: Especial Fin de Ano -> RifRocKerZ & Cuatro Fotos!

E en xaneiro:
· Ven.4 xan: THE JAM OBSESSION en directo 23:30h.
· Sáb.5 xan: MARINOCHA über alles.




4 xaneiro: THE JAM OBSESSION en directo

Última data que faltaba por anunciarvos.
O venres 4 de xaneiro, o cita coa música en directo habitual de cada Nadal, que nos últimos anos levamos cambiando sempre de formato. Nesta ocasión unha nova versión dos THE JAM OBSESSION. A saber qué andan a argallar...


5 Xaneiro: Marinocha

E máis datas... esta xa para xaneiro.
Coma sempre, a primeira sesión do ano será cousa de Marinocha.

miércoles, 19 de diciembre de 2018

Sáb.29: Ptooff!

Máis datas para estas semanas.
O sábado 29, festaza con Ptooff!!


The Creation Factory

E agora imos con un dos pelotazos da tempada.
The Creation Factory é unha banda de garage psychodélico formada por Shane Stotsenberg e Iggy Gonzalez dos Mystic Braves. Nesta formación practican un garage moito máis potente e ácido que a súa banda orixinal. Logo do seu 7'' do ano pasado, chegan co seu primeiro lp, cunha dose de revival ao estilo dos Back from the Grave. A marabilla pop de 'You be the Jungle' ou 'Girl you're out of time', o freakbeat the 'Without you', e o garage psych de 'I don't Know what to do' e 'Shame on you'. De despedida, a fantástica 'Hallucination Generation'. 
Non o deixedes escapar, unha recomendación de Calambres.

THE CREATION FACTORY "The Creation Factory"
(Lolipop Records, 2018)




martes, 18 de diciembre de 2018

Jacco Gardner "Somnium"

Un dos álbumes que máis escoitamos nestas semanas é o último traballo de Jacco Gardner. O holandés xa nos deixou encantados cos seus anteriores discos, sobre todo co "Hypnophobia" que foi o mellor álbum do 2015 para este blog.
A súa nova entrega chámase "Jacco Gardner's Somnium", e vai máis alá do que tiña feito ata o momento. Son 12 pezas alucinadas de psychodelia, kosmische e ambient para escoitar de un tirón.
Ademáis presenta o álbum xunto coa curta-documental Exploring Hidden Realities, no que amosa parte do seu proceso creativo, todo recollido polo realizador Miguel Cabral, que tedes a continuación.

JACCO GARDNER "Somnium"
(Excelsior Recs / Full Time Hobby / Polyvinyl, 2018)



domingo, 16 de diciembre de 2018

RifRocKerZ & Krazzy Kray

Queríades unha expo de posters do Rif-Rock?
Pois xa a tedes para unha boa tempada no Krazzy Kray... pasádevos.
Tremendo datallazo!!


jueves, 13 de diciembre de 2018

Sonic Youth "NY CBGB, december 13, 1988"

Máis material dos Sonic Youth.
En medio das celebracións do 30 aniversario do "Daydream Nation", están a lanzar os audios de concertos daquela xira de presentación, e máis material gráfico. O que vos recomendamos aquí é o concerto do 13 de decembro do 88, no mítico CBGB de New York (xusto hoxe hai 30 anos), pero tedes máis material de arquivo da banda, concertos máis recentes, e tamén outro de novembro do mesmo ano en Chicago. Todo dispoñible na plataforma Nugs.

SONIC YOUTH "NY, CBGB, December 13, 1988"
(SYR, 2018)



Krazzy Kray!

Boas novas!!
Este fin de semana, inauguración por todo alto de novo local en Cambados!
Krazzy Kray! na praza do Castriño.
E comezan con dúas datas en directo: o sábado 15 con The Narts, e o domingo 16 con The Fabulous Resaca Brothers.
Moita sorte con este proxecto Gus!!, e mil grazas por ese teito tan precioso que ten o local. Ahí nos veremos...


miércoles, 12 de diciembre de 2018

Brian Jonestown Massacre "Forgotten Graves"

Novo lanzamento dos Brian Jonestown Massacre. Un novo ep en formato 10'' que será o adianto do seu novo álbum antes de final de ano.
Na cara A co tema 'Forgotten Graves', e na cara B coa versión en francés 'Tombes Oubliées', na que cede o protagonismo á voz de Rike Bienert, colaboradora xa case habitual en temas anteriores e parece que estará presente tamén no novo álbum.
Lanzouse o pasado venres 30 de novembro, día no que se conmemoraba o centenario do fin da Primeira Guerra Mundial.

THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE "Forgotten Graves"
(A Recordings, 2018)



martes, 11 de diciembre de 2018

Ian Brown 'First Wold Problems'

Hai moitos anos que Ian Brown (Stone Roses) non lanzaba novo material. Tampouco temos temos novas de que sexa adianto de nada, nin tan sequera de que este tema vaia a ser editado en curto prazo, pero o pasado mes publicou un novo video clip 'First Wold Problems', para amosarnos a súa bicicleta nova.



Minutemen "Sickles And Hammers. The Lost 1981 Mabuhay Broadcast"

Novo material que sae dos míticos Minutemen. "Sickles and Hammers" non é un disco oficial, pero trátase dun bootleg bastante decente. Inclúe 22 temas grabados en directo nos Mabuhay Gardens de San Francisco, o 26 de outubro de 1981 nun programa da Radio KUSF-FM, con tódo-los temazos da súa primeira época.

MINUTEMEN "Sickles And Hammers. The Lost 1981 Mabuhay Broadcast"
(Suicidal Records, 2018)

lunes, 10 de diciembre de 2018

Mut "s/t"

Se hai uns meses vos presentabamos o novo traballo dos Lamprea Explosiva, agora é o turno dun dos seus proxectos paralelos, Mut, desta vez en formato trío. O seu debut son 8 temas de hardcore da vella escola nun cassette sen título que podedes mercar vía Caracol Negro, se é que aínda quedan, claro.
Para o demáis, dispoñible no seu bandcamp.

MUT "s/t"
(Caracol Negro, 2018)



sábado, 8 de diciembre de 2018

The Cure en 1979

Máis directos recuperados.
Hoxe recomendámosvos o video dunha breve actuación dos The Cure no Teatro L'Empire de Paris nun especial para a television. 
Interpretan tres temas, dous do seu debut daquel ano, e unha das primeiras versións coñecidas do 'A forest' que incluirían no "Seventeen Seconds" de 1980.
Son só 9 minutos, pero todo un gustazo velos aínda con esos toques punk e sen as capas de maquillaxe que chegaron despois.
Foi o 8 de decembro do 79.

The Cure live Paris 1979. 
A Forest / Three Imaginary Boys / Killing an Arab.



viernes, 7 de diciembre de 2018

Sr Anido & Sra Álvarez "18"

Esta semana chegounos unha pequena remesa do cotizado lp de Sr Anido & Señora Álvarez. "18" foi lanzado no 2016 entre Grabaciones de Impacto, Discos Porno, Prenom e Bajo el Volcán. un disco irrepetible nunha coidada edición que xa vos recomendamos no seu momento, e foi un dos discos do ano.
Poucas unidades, así que aproveitade a oportunidade.


Así o presenta o Sr Anido no seu bandcamp:
18 é un disco único, improbábel. Da colaboración de catro anos entre as personalidades irrepetíbeis de Sr. Anido y Sra. Álvarez saiu unha obra emocionantisima, mais cun rango de emocións moito máis amplo do habitual. Ao longo dos nove temas hai momentos dramáticos que poñen os pelos coma escarpias, momentos de diversión dende o humor absurdo, excitación bailonga, reflexión mística e lúcidos comentarios sociais. Todo encadrado nunha música que celebra a imaxinación sen ningún complexo estilístico: o mesmo recolle a influencia de spacemen 3 que adianta pola esquerda a Radiohead no uso de texturas electrónicas ou pon música a unha película de Akira Kurosawa.
A impresión ao escoitar o disco e observar nas tuas mans o deseño é asistir á creación dun universo propio. Flota no ambiente unha preocupación polo lado perverso da sociedade. As cancións están cheas de personaxes que sofren (o extraterrestre de “It came from outer space”, expulsado polos humanos que non toleran a diferencia; o boxeador de “Marciano Balboa”) e ameazas ineludíbeis (“Buraco negro”). A voz de Sr.Anido sofre con eles, adoptando mil rexistros diferentes, mais é tamén capaz de transmitir beleza, humor e luminosidade como para compensar a dor. Non hai cinismo nen distancia irónica diante do que se relata, como foi sempre habitual nas gravacións anteriores de Anido. Mais os recursos inagotábeis dos dous músicos (a lista de aparatos que utiliza Sra. Álvarez ocupa tres liñas) permiten aquí que todas esas sensacións sexan traducidas nun son tremendamente orixinal. Está perto de moitas cousas (o surf, Suicide, cualquera forma de mantra) e lonxe de todas. Pola variedade conceptual, pola orixinalidade da instrumentación e pola lucidez absoluta que transmite, 18 é, efectivamente, un disco improbábel. E por iso mesmo é un disco necesario. 

Pete Shelley

Pete Shelley 
(1955 - 2018)
The Buzzcocks



jueves, 6 de diciembre de 2018

RifRocKerZ!

Levamos case unha semana desconectados das redes, pero nestes días xa iremos recuperando a normalidade. E sobre todo comezaremos a prepara-la programación para todo o que queda de decembro. A ver que sae...


domingo, 2 de diciembre de 2018

Purple Weekend 2018

Como cada ano, a recomendación destas datas.
O Purple Weekend de León, do 5 ao 8 deste mes, na súa 30ª edición, cos directos destados de The Hentchemen, The Kinetics, The Resonars. ou o power pop dos Model Rockets e Matthew Sweet.


sábado, 1 de diciembre de 2018

Sonic Youth, Rock and Ring 2005

A semana pasada publicouse na rede media hora do concerto dos Sonic Youth no Festival Rock & Ring de Nürburgring en Alemania.
Nada novo, sempre é un pracer ver material diferente destes xenios.

Aquí tedes o set list:
Sonic Youth (live concert) - June 4th, 2005, Nürburgring, 
01. I Love You Golden Blue
02. Stones
03. Pattern Recognition
04. Unmade Bed
05. Drunken Butterfly
06. Paper Cup Exit
07. New Hampshire
08. Rain On Tin


jueves, 29 de noviembre de 2018

Modulador de Ondas "Planet Theremin"

Máis novidades do GZ Canibal.
Modulador de Ondas é o novo proxecto de Paulo Pascual (Foggy Mental Breakdown, Trem Fantasma e Camarada Nimoy). Agora nos presenta o seu primeiro álbum deste proxecto, "Planet Theremin", armado co seu theremin, e acompañado puntualmente de cellos e máis trebellos que teredes que descubrir.
Dispoñible en cd vinilo transparente, nunha tirada limitada a só 200 copias, así que apurade a reservalo na web de Planeta Theremin.
Nós xa nos fixemos con él.

MODULADOR DE ONDAS "Planeta Theremin"
(Planeta Theremin, 2018)



miércoles, 28 de noviembre de 2018

Joe Strummer "101"

Hai un par de meses lanzouse un recopilatorio do mítico Joe Strummer, da súa traxectoria posterior a The Clash, e aínda nos fixemos agora con el.
Leva por título "101", coma os 101ers que durante unha época o acompañaron, e inclúe numeroso material inédito.
A primeira parte recopila o mellor do seu material fora dos Clash, a maioría en solitario, pero tamén con The Mescaleros, The 101ers ou The Latino Rockabilly War. e unha chea de material en solitario composto para bandas sonoras e colaboracións con Johnny Cash ou Jimmy Cliff.
A segunda parte reune material inédito do arquivo persoal do artista, no atoparedes aínda máis variedade estilística, con temas compostos sobre todo entre 1984 e 1993, rematando cunha peza de 10 minutos, 'US North', composta por Strummer e Mick Jones. Todo dispoñible en cd dobre e 4LP.
Unha boa sorpresa este recopilatorio.

JOE STRUMMER "101"
(Ignition Records, 2018)




Bauhaus "The Bela Session"

Os Bauhaus están de cheo coas celebracións do 40 anviersario da formación da banda de cara ao 2019, e ademaís da reedición de tódo-los seus traballos, a semana pasada lanzaron o ep "The Bela Session".
Trátase das primeiras sesións de estudio da banda, recuperadas por primeira vez nun lanzamento oficial e remasterizadas dende as gravacións orixinais, xa dende hai anos circulan copias pirata cun son bastante lamentable.
Nesta sesión se inclúe a primeira gravación do mítico 'Bela Lugosi's Dead', e o tema orixinal de 'Boys' que formarían o maxi single lanzado aquel 1979, aínda que o tema da cara b foi lanzado cunha versión diferente ao desta sesión.
Ademáis inclúen o tema 'Harry', adicado a Debby Harry con ritmos xamaicanos, e que xa incluíran no EP "Kick In The Eye (Searching For Satori E.P.)" de 1982. Completan a sesión dous temas inéditos máis: a rítmica 'Some Faces', e 'Bite My Hip', que tras varias sesións remataría mudando ata converterse na coñecida 'LAgartija Nick'.
A cuberta do lanzamento está realizada cun negativo da portada orixinal do "Bela Lugosi's Dead". 
Dispoñible dende a semana pasada, e polo momento a un precio estupendo.

BAUHAUS "The Bela Session EP"
(Leaving Records, 2018)



domingo, 25 de noviembre de 2018

Futuro Terror Vs Nave Nodriza

Video clip entre Futuro Terror e Nave Nodriza, un crossover entre 'Se encerró' dos alicantinos, e 'Qué importa?' dos coruñeses. 

jueves, 22 de noviembre de 2018

Charles Bradley "Black Velvet"

En setembro, cando se cumpría un ano do pasamento de Charles Bradley, dende Daptone Records publicaban o clip de 'I fell a change' e anunciaban o lanzamento dun álbum póstumo coincidindo coa data do seu 70 aniversario. 
E aquí temos "Black Velvet", dez temas gravados na última década e que por diversos motivos non se incluíron nos seus álbumes, e así debe entenderse. De feito só tres temas presentan unha mestura final, o resto están a medio rematar, ou sen a pista definitiva de voz.
Como curiosidade, Black Velvet foi un dos nomes cos que Bradley se presentaba artísticamente na súa etapa de imitador de James Brown.

CHARLES BRADLEY "Black Velvet"
(Daptone Records / Durham Records, 2018)



Outono Códax Fest: JP Bimeni

Terceira entrega desta edición do Outono Códax Festival.
O sábado 24, con Natty Congeroo e JP Bimeni & The Black Belts, na Sala Capitol.
Toda a info e entradas na web do Outono.



miércoles, 21 de noviembre de 2018

The Messthetics

E das orixes do que logo foi Fugazi, a unha das súas continuacións.
A comezos de ano, Bendan Canty e Joe Lally, batería e baixo dos míticos Fugazi, anunciaron o lanzamento dun novo proxecto. Trátase de The Messthetics, unha banda na que se acompañan da guitarra jazz de Anthony Pirog.
O álbum homónimo foi gravado a finais do 2017, e saiu en marzo deste ano. Aínda agora nos fixemos con el, pero sempre chegamos a tempo.
"The Messthetics Album" está composto por nove temas instrumentais, moitos deles con estructura de jazz e deixando liberdade a Pirog para a instrumentación, pero nos que tamén queda patente a pegada hardcore de Canty e Lally na rítmica de 'Quantum Path' ou 'Crowds and Power'.
Emocionante volver a escoitar a estos de novo.

The Messthetics "The Messthetics album"
(Dischord Records, 2018)



Minor Threat 2018

En 1985, os seminais Minor Threat lanzaron o seu último traballo discográfico. Tratábase do ep "Salad Days" (Dischord Recs.). A súa portada era unha unha foto da banda que se converteu en icónica, e como toda a súa música, quedou para sempre na memoria. 
A semana pasada, os catro membros da banda se reuniron para recrear a foto: Ian MacKaye, Brian Baker, Jeff Nelson e Lyle Preslar sentados no mesmo porche.
A foto foi subida ás redes por Baker, aínda que xa apuraron a indicarnos que non hai plans de reunión.




martes, 20 de noviembre de 2018

The Dandy Warhols 'Be Alright'

Os Dandy Warhols están de volta. A semana pasada lanzaron o clip de 'Be Alright', dispoñible en 360º e está protagonizado por Jessica Paré (Mad Men). 
O tema é o adianto do seu novo álbum "Why you so crazy", con saída prevista para comezos do 2019, e preparan xira para conmemora-los 25 anos da banda.



lunes, 19 de noviembre de 2018

Documental "Que suene la música"

A semana pasada estreouse, na web de El País, o documental "Que suene la música". Está dirixido por Javier Gómez Serrano, e narra a actividade cotiá dos selos independentes que forman a Unión Fonográfica Independiente (UFI) para conmemorar os 15 anos da agrupación.
Ver na web de El País: 



viernes, 16 de noviembre de 2018

"The Brooklyn Sessions"

Hai algún tempo que nos atopamos con estas Brooklyn Sessions, e esta semana voltamos a escoitalas case por casualidade, e ben paga a pena compartilas.
Co sinxelo nome de Brooklyn xuntáronse Adam Yauch dos Beastie Boys, e Tom Cushman, colaborador habitual da banda coas guitarras, ademáis de Daryl Jenifer de Bad Brains ao baixo, e o baterista Doug E. Beans dos Murphy's Law. Todos coincidiran en moitas datas da longa xira do Licensed to Ill dos Beastie Boys ao longo dos anos 86 e 87, e ahí naceu este proxecto.


Metéronse no estudio a finais de 1987, e de ahí saiu esta demo, con 15 temas que foi comprada por varios selos en diferentes momentos para a súa edición oficial, pero por diferentes motivos nunca se publicaron oficialmente.
Dende 1998 comezaron a compartirse pola rede e a día de hoxe tedes estas "Brooklyn Sessions" dispoñibles en numerosos sitios.
Un documento único dun supergrupo que nunca foi, pero do que nos quedan eses 46 minutos de diversión rock-punk-funk. De escoita obrigatoria.
Tedes a historia completa na web de FactMag.

"The Brooklyn Sessions" tracklist:
1. Woke Up This Morning
2. Flying High
3. Instrumental 1
4. Running Out of Time
5. Instrumental 2
6. Instrumental 3
7. Home
8. Goodbye
9. Down
10. I Don't Know (Ask for Gratitude)
11. I Don't Need You
12. Goodbye (Version 2.0)
13. Gone Crazy
14. I Don't Need You (Version 2.0)
15. I Don't Know (Ask for Gratitude) (Version 2.0)



jueves, 15 de noviembre de 2018

The Gypsy Souls

Aquí tedes, por fin, uns cantos vídeos do show dos Gypsy Souls do pasado 3 de novembro.
Xa tiñamos gañas de telos en directo e foron os encargados de inicala tempada de directos despois do verán, aínda que tardamos máis da conta en arrancar.
Aquí vos deixamos só tres temas, se queríades máis, xa sabedes, estivérades alí. 
Grazas Andrea e David, tremendos!! 
Un pracer tervos de volta.





miércoles, 14 de noviembre de 2018

Black Doldrums "Sad Paradise EP"

Outro dúo que vos recomendamos esta semana.
Black Doldrums son de Londres, e chegamos a eles vía Charlie dj. 
"Sad Paradise" é o seu flamante ep recén saído (en 12''), catro temas de psycodelia densa, de longos desenrolos e sobrados de potencia, con capas e capas de guitarra e unha batería que é unha auténtica tolemia. De mostra, escoitade con calma 'There is no eye' ou 'It's a Dandy Massacre'. E de paso metédelle unha escoita aos tres singles anteriores (a comezos de ano lanzaron o 7'' de "Those with a Rope around their neck"), e unha maqueta que lanzaron o ano pasado en cassette na que se inclúen versións previas dos temas deste ep. Temos traballo por diante con esta xente.

BLACK DOLDRUMS "Sad Paradise EP"
(Club AC30, 2018)



martes, 13 de noviembre de 2018

Los Retumbes

Primeiro single de Los Retumbes!! O dúo vasco é unha das propostas máis divertidas do momento. No verán os tivemos por aquí de xira, e a finais de setembro lanzaron este primeiro 7'' co selo Family Spree. Catro trallazos de garage punk sen concesións: 'Cansado De Esperar', 'Surfing Fukushima', 'Sin Amigos', e 'Smartphombie'. Guitarra e batería mínima son máis que suficientes para despregar todas esas historias delirantes. Recomendado!
Dispoñible no bandcamp de Family Spree.

LOS RETUMBES "Los Retumbes"
(Family Spree Recordings, 2018)



Stan Lee

Stan Lee
(1922 - 2018)



lunes, 12 de noviembre de 2018

The Mummies anuncian filme

Non sei se o mundo está preparado, pero The Mummies anunciaron a comezos de mes o lanzamento dun filme para o próximo ano. Esta dirixido por Jim Granato, e por suposto protagonizado pola propia banda. Impacientes estamos xa...



jueves, 8 de noviembre de 2018

Los Bengala 'Así nos va'

Novo clip de Los Bengala, co tema 'Así nos va' do seu lp "Año Selvático".


Outono Códax Fest: Marta Ren + Marem Ladson

Este fin de semana dúas novas citas do Outono Códax.
O venres 9 repìte visita Luke Wilson King coa súa banda, na sala Riquela. 
E o sábado 10 dobre entrega na Sala Capitol, co pop de Marem Ladson e o explosivo directo de Marta Ren & The Goovelvets.
Programación completa aquí.
Toda a info e entradas na web do Outono.



miércoles, 7 de noviembre de 2018

Mark Sultan "Let me out"

Máis novidades que nos chegaron este mes.
O novo de Mark Sultan trae bastantes novidades. En primeiro lugar pola súa chegada a Wick Records, o subselo de rock da escudería Daptone, e sobre todo polo xiro no seu son.
En "Let me Out" ofrécenos as súas melodías de sempre, pero desta vez sen ese son cacharreiro do seu proxecto one-man-band. Son 13 temas breves e directos moito máis limpos e próximos aos estándares do garage revival.
Non o deixedes pasar.

MARK SULTAN "Let me out"
(Wick Records, 2018)