miércoles, 28 de noviembre de 2018

Bauhaus "The Bela Session"

Os Bauhaus están de cheo coas celebracións do 40 anviersario da formación da banda de cara ao 2019, e ademaís da reedición de tódo-los seus traballos, a semana pasada lanzaron o ep "The Bela Session".
Trátase das primeiras sesións de estudio da banda, recuperadas por primeira vez nun lanzamento oficial e remasterizadas dende as gravacións orixinais, xa dende hai anos circulan copias pirata cun son bastante lamentable.
Nesta sesión se inclúe a primeira gravación do mítico 'Bela Lugosi's Dead', e o tema orixinal de 'Boys' que formarían o maxi single lanzado aquel 1979, aínda que o tema da cara b foi lanzado cunha versión diferente ao desta sesión.
Ademáis inclúen o tema 'Harry', adicado a Debby Harry con ritmos xamaicanos, e que xa incluíran no EP "Kick In The Eye (Searching For Satori E.P.)" de 1982. Completan a sesión dous temas inéditos máis: a rítmica 'Some Faces', e 'Bite My Hip', que tras varias sesións remataría mudando ata converterse na coñecida 'LAgartija Nick'.
A cuberta do lanzamento está realizada cun negativo da portada orixinal do "Bela Lugosi's Dead". 
Dispoñible dende a semana pasada, e polo momento a un precio estupendo.

BAUHAUS "The Bela Session EP"
(Leaving Records, 2018)



No hay comentarios: