Comezamos as recomendacións da semana con enerxía.
O novo álbum de Hank Wood and The Hammerheads está a ser unha das sensacións da tempada. A súa terceira entrega é outro álbum de punk como hai anos que non escoitabamos, cunha instrumentación moito máis coidada do que parece, acelerada e contundente. Todo en 22 minutos, no que nos ofrece dez trallazos urxentes e sen concesións. Neste novo traballo condensa unha enorme variedade de ritmos, melodías e propostas diferentes: o punk acelerado de 'You wanna die' e 'Concrete', cañonazos de garage coma 'How'm I supposed to wake up in the morning' ou 'Love is a cold white tide', a furia contida de 'It's lonely in this world all alone', ou o hardcore old school de 'Trapped and alone in it' condensado en un só minuto ou 'Nothing but a man', e a fantástica despedida de 'Whisper'.
Tremendo discazo!
HANK WOOD & THE HAMMERHEADS "s/t"
(Toxic State Records, 2018)
No hay comentarios:
Publicar un comentario