E das orixes do que logo foi Fugazi, a unha das súas continuacións.
A comezos de ano, Bendan Canty e Joe Lally, batería e baixo dos míticos Fugazi, anunciaron o lanzamento dun novo proxecto. Trátase de The Messthetics, unha banda na que se acompañan da guitarra jazz de Anthony Pirog.
O álbum homónimo foi gravado a finais do 2017, e saiu en marzo deste ano. Aínda agora nos fixemos con el, pero sempre chegamos a tempo.
"The Messthetics Album" está composto por nove temas instrumentais, moitos deles con estructura de jazz e deixando liberdade a Pirog para a instrumentación, pero nos que tamén queda patente a pegada hardcore de Canty e Lally na rítmica de 'Quantum Path' ou 'Crowds and Power'.
Emocionante volver a escoitar a estos de novo.
The Messthetics "The Messthetics album"
(Dischord Records, 2018)
No hay comentarios:
Publicar un comentario