En 1985, os seminais Minor Threat lanzaron o seu último traballo discográfico. Tratábase do ep "Salad Days" (Dischord Recs.). A súa portada era unha unha foto da banda que se converteu en icónica, e como toda a súa música, quedou para sempre na memoria.
A semana pasada, os catro membros da banda se reuniron para recrear a foto: Ian MacKaye, Brian Baker, Jeff Nelson e Lyle Preslar sentados no mesmo porche.
A foto foi subida ás redes por Baker, aínda que xa apuraron a indicarnos que non hai plans de reunión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario