O novo de Mark Sultan trae bastantes novidades. En primeiro lugar pola súa chegada a Wick Records, o subselo de rock da escudería Daptone, e sobre todo polo xiro no seu son.
En "Let me Out" ofrécenos as súas melodías de sempre, pero desta vez sen ese son cacharreiro do seu proxecto one-man-band. Son 13 temas breves e directos moito máis limpos e próximos aos estándares do garage revival.
Non o deixedes pasar.
MARK SULTAN "Let me out"
(Wick Records, 2018)
No hay comentarios:
Publicar un comentario