Os Fugazi seguen tirando de arquivo, e recuperando audios dos seus concertos para o proxecto Fugazi Live Series. Había tempo que non o seguíamos, e esta semana subiron un show en New York, do 2 de maio do 97, no Loeb Center, que fai o número 814 da serie, cun son excelente, e que tamén foi lanzado en cd.
Máis recomendacións esta semana. Os Diamond Hands son un dos dúos máis frescos de power pop do momento, e aínda que a banda é de Los Angeles, este segundo álbum está editado polo selo español You are the Cosmos. Nesta nova entrega continúan á perfección a proposta do seu debut, power pop enérxico, garagero, con toques de psychodelia e bubblegum, todo ao servicio das melodías, que vos recordará aos mellores Redd Cross ou Shazam. Dispoñible no seu bandcamp.
Este ano volvemos á sesión dobre, xa sen problemas de axenda, así que aquí tedes o que vos temos preparado para os días 13 e 14 de xullo:
Venres 13 de Xullo:
DAVID R. VALEIRAS en directo, dende as 23:45h.
O noso cantautor favorito, de feito e ao único que lle deixamos entrar no local. Xa hai cinco anos que Valeiras non nos visitaba, e tras unha boa tempada no extranxeiro agora está afincado en Granada, vivindo da música e escapando da súa carreira profesional, pero a esencia é a mesma: guiitarra, kazoo, un discurso incontrolable, e unha chea de historias delirantes.
Despois do concerto, Escalenux aos mandos, xa sabedes a última esperanza do rock'n'roll, ao que xa lle tocaba estrearse nestes eventos.
Sábado 14 de Xullo:
BREAKIN' BONES VS. EL SANTO en directo dende as 23:45h.
A banda máis gamberra do país, pyshcobilly en estado puro. Xa os coñecedes de sobra, e non quixeron perderse o noso aniversario para ofrecernos os seus clasicazos de sempre e adiantarnos algún dos novos temas do seu próximo traballo. Ademáis virán acompañados por El Santo, o enmascarado de plata, sorpresa total! Teredes que vir a velo cos vosos propios ollos...
E para rematar co aniversario este ano teremos a Bimba na cabina. Rockabilly, 60s, pop e baile, todo é posible nas súas sesións. Mellor fin de festa imposible.
Un fin de semana ben completo con dous días ben distintos.
Imos con algún álbum este fin de semana. Un dos traballos que maís estamos escoitando nestas semanas é o novo traballo dos Wooden Shjips, unha das bandas referentes da nova psychodelia californiana. Xa había cinco anos que non entragaban material novo, sen dúbida pola intensa axenda de Ripley Johnson cos Moon Duo.
O novo lp leva por título sinxelamente "V", e continúan explorando a densidade das guitarras con composicións amables e pausadas. 'Eclipse' e 'In the Fall' abren o disco con reminiscencias referentes da experimentación dos 60s. O single de presentación 'Already Gon', o máis melódico do álbum, relaxado e pausado, coa continuidade dos case oito minutos de 'Staring at the Sun'. A máis interesante 'Golden Flower' que aumenta o ritmo e incorpora unhas interesantes percusións. Un álbum delicioso para escoitar en calquer momento. Posiblemente o máis centrado de todos cantos levan entregado ata agora.
Os Smashing Pumpkins volven á actividade. Levan anos anunciando retornos e separacións sen chegar a xuntarse nunca. Levan máis anos separados que todo o tempo que estiveron xuntos, e non podemos esquecernos que tamén foron seguramente a banda que máis nos decepcionou da nosa adolescencia.
Hai 15 días lanzaron un novo tema, este 'Solara', coa producción de Rick Rubin, e anuncian xira, coa formación de Billy Corgan, James Iha, Jimmy Chamberlain e Jeff Schroeder. Pero dende entón o que están a protagonizar é máis un culebrón que outra cousa, coas continuas declaracións entre Corgan, Iha e a ex-baixista D'arcy. Veremos que sae de aquí...
AVISO! Lembrade que esta semana só abriremos o sábado 23. Esta noite tomarémonos un descanso, pero mañán sábado xa estaremos de volta logo da festa do lume. *desculpas paras os incondicionais dos venres.
LOS WAVY GRAVIES, estarán presentando en directo o seu flamante lp de debut "Kings of the Underground" (Family Spree, 2018) no Kannion Surf de Montalvo.
"Something Else" fai a o número 17 dos seus álbumes de estudio, e coma nestes últimos anos Newcombe e compañía seguien a un nivel excelente, pero xa sabedes que non son nada obxectivo con eles.
Newcombe aborda os temas con menos experimentación ca nos últimos traballos e volve á revisión da psychodelia 60s, coma fixera insistentemente nos seus discos da segunda metade dos 90s. Algo que agardábamos tendo en conta o catacterísticos son dos múltiples work in progress que continuamente comparte nas redes.
"Something Else" abre con 'Hold that Thought' que xa fora o ep de adianto, Temas coma 'Animal Wisdom' e 'Fragmentation' nos devolven directamente ao seu son de mediados dos 90s, e 'My Love' pode levarvos á rítima da Velvet Underground. Pero sobre todo me quedo coas melodías e as enerxía de 'Psychic Lips', 'Skin and Bones', 'My Poor Heart' e 'Who dreams of cats?'. A despedida con 'Silent Stream', logo de tanta peza accesible, era evidente que tocaban atmósferas abafantes, saturación e algo de suspense para deixarnos con gañas de máis de cara ao seu seguinte álbum previsto para setembro.
Os Get Up Kids están de volta. Despois do éxito cos seus primeiros álbumes a finais dos 90, a súa fórmula de emo para adolencentes foise esgotando. E ao ritmo que quixeron facer música máis influenciada polo post punk máis rítmico e gamberro foron perdendo seguidores, e gañando máis adeptos que ata entón apenas lles prestáramos atención. Separáronse no 2005, voltaron no 2008 para publicar un novo lp no 2011, e agora volven con un ep de catro temas, que anuncian como adianto de novo material. Punk rock e rítmica enérxica, aínda que nada novo. Agardaremos por máis material
AVISO!! Este fin de semana só abriremos o sábado! A noite de vernes non poderemos atendervos, pero o sábado xa estaremos de volta coma sempre. *desculpen as molestias para os incondicionais dos venres.
Xa temos case todo listo para o 19º Aniversario do Rif-Rock. A próxima semana vos mostraremos o programa completo, polo momento, ide apuntando as datas, 13 e 14 de xullo.
Nova xira dos Nine Inch Nails, na que están a adiantar temas do seu próximo álbum "Bad Witch", coma o que parece ser o single de presentación será 'Ahead of Ourselves'. En medio do show, como é habitual soaron varios covers: 'I'm afraid of americans' en homenaxe a Bowie, e o 'Digital' dos Joy Division. Non creo que inclúan nada de esto no álbum pero non descartedes que a publiquen en versión de estudio nalgunha edición, como cando incluiron o 'Dead Souls' na BSO de The Crow. Aquí o tedes en directo este fin de semana en Las Vegas.
Na entrega de onte de El Sótano de Radio 3, estrearon o álbum de Los Wavy Gravies, "Kings of the Underground" (Family Spree Recordings), precisamente co tema da título ao disco.
Tralo seu paso polo Primavera Sound, Jason Pierce ven de anunciar a data de lanzamento do novo álbum de Spiritualized, que leva por título "And Nothing Hurt" con data prevista para o 7 de setembro.
Polo momento nos deixan dous temas de adianto: 'A perfect miracle' e 'I'm your man', con videoclip desta última.
A semana pasada presentouse un novo álbum con temas inéditos do xigante John Coltrane: "Both sides at Once: The Lost Album" que sairá o próximo 29 de xuño, por suposto a través de Impulse! Records.
O material desta sesión foi rexistrado en 1963, nos estudios de Englewood co enxeñeiro Rudy Van Gelder, en New Jesey, nun momento de continuas e intensas sesións de traballo, que durante 15 días alternaron cunha estancia no mítico Birdland de NYC. Durante aquelas semanas tamén gravaron as sesións do que sería o álbum de baladas "John Coltrane and Johnny Hartman" ao que Impuse! lle deu preferencia absoluta. As gravacións que agora se publican desapareceron do rexitro do productor, e se recuperaron hai uns anos entre o material conservado pola familia de Coltrane.
As sesións deste "Both directions at once" foron gravadas polo cuarteto máis lembrado de Coltrane, con McCoy Tyner ao piano, Jimmy Garrison ao contrabaixo e o baterista Elvin Jones.
Neste traballo se inclúen dous temas inéditos, que manteñen os créditos do rexistro sen título 'Untitled Original 11383' e 'Untitled Original 11386'. Ademáis inclúe pezas que só se tiñan publicado en directo, coma 'Slow Blues' ou 'One Up, One Down', ou unha variación de 'Impressions' sen piano. Son un total de sete pezas, das que se conservan 14 tomas diferentes, e estarán dispoñibles en varias edicións, en formato sinxelo e con tódalas tomas alternativas.
Este sábado, temos aos LITTLE JUICE presentando en directo o seu primeiro traballo, o EP "Drøwn" (Ulomanía Coop, ULO-004), coa súa particular mestura de freak soul, blues e pop. E despois sesión Black Grooves!.
Hoxe imos co novo de Eli 'Paperboy' Reed, que tras varios traballos pouco afortunados, volve con moita forza. No 2008 debutou con aquel "Roll with You", acompañado por The True Loves, que o convertira nunha das sensacións do rhythm'n'blues e funk do momento, pero os seus seguintes discos fóronse apagando, máis centrado no soul máis insulso. No seu anterior traballo "My Way Home" (Yep Roc, 2016), volveu a un son moito máis cru, aínda que os temas non funcionaron demasiado.
Agora, de novo con Yep Roc, únese á banda de metais High and Mighty Brass Band para regravar temas dos seus primeiros traballos con outro ritmo ben distinto: 'Come and get it', 'Take my love with you' o 'The satisfier', ' I'm Gonna Getcha Back' 'Explosion', ou a frenética 'WooHoo', soan como auténticos cañonazos de ritmo. Ademáis inclúen unha versión de Beyoncé, e un novo tema, 'As I live to breathe'. Todo gravado en directo no estudio, cun resultado excelente. Xa veremos que camiño segue, pero desta vez, aínda que non teñamos material novo, acertou de pleno.
ELI 'PAPERBOY' REED "Meets High & Mighty Brass Band"
Esta semana cumpríanse 40 anos do primeiro lanzamento dos Joy Division.
"An Ideal for Living" foi o seu primeiro EP, logo de acadar certo éxito como Warsaw en directo, e antes de asinar con Factory Records.
Neste EP inclúense catro temas: 'Warsaw', 'No Love Lost', 'Leaders of Men' e 'Failures', dous temas que adiantaban todo o que viría despois, e dous trallazos de punk rítmico e furioso do que deixaron atrás dende entón.
Foi autoeditado pola propia banda. Lanzouse o 3 de xuño de 1978, nun 7'' baixo o selo Enigma, creado pola banda, que empregaron únicamente para lanzar esta referencia. En outubro do mesmo ano lanzaron unha nova edición, co mesmo contido pero nun 12'', e baixo o selo Anonymous Record, tamén creado pola banda para a ocasión, e co que máis adiante lanzarían novas reedicións.
A mítica cuberta é un deseño do propio guitarrista Bernard Sumner, que nos créditos aparece coma Bernard Albrecht. A ilustración das xuventudes hitlerianas, o nome da banda e a tipografía foi unha das polémicas máis famosas da historia da música.
"All Gates Open. The Story of CAN", una das bandas máis rupturistas e avanzadas dos 70s. Os autores son o propio Irmin Schmidt fundador e compositor da banda, e o xornalista musical Rob Young.
A obra divídese en dous volumes: na primera parte, All Gates Open, Young constrúe unha biografía da banda a través de entrevistas cos seus membros, e un interesante traballo de contextualización. Na segunda parte, Can Kiosk, é o propio Schmidt o que conta o seu propio relato dos feitos, desvelando moitos dos segredos de gravación e os traballo da banda, e tamén rastrea a súa influencia mediante entrevistas con outros músicos coma Mark E. Smith, Bobby Gillespie ou Geoff Barrow, e tamén cineastas coma Wim Wenders.
Non agardedes apublicación en castelán, véxoo bastante difícil a curto prazo.
Irmin Schmidt & Rob Young: "All Gates Open. The Story of CAN"
Imos con outra das nosas debilidades. Os Baby Woodrose son unha constante nas nosas sesións, esas melodías de Lorenzo Woodrose que sempre encaixan con todo. Hai pouco tempo caimos na conta de que nunca vos recomendáramos outro dos seus proxectos, prácticamente descoñecido por aquí, pero igual de interesante.
Spids Nøgenhat é un proxecto paralelo, de actividade intermitente. A súa vocación é igualmente psycodélica, pero tirando máis polas influencias do folk e con menos presencia de guitarras contundentes, e por suposto as mesmas melodías perfectas de Woodrose. Outra das súas características é que moitos dos seus temas están cantados en danés, e se adican a incluir moitos covers de bandas de culto dos 60s e 70s do seu país, coma Hans Vinding, Young Flowers, Tømrerclaus ou Røde Mor.
Polo momento lanzaron dous álbumes: "En Mærkelig Kop Te" no 2001 (Orpheus Records), e no 2013 volveron con novos temas en "Kommer Med Fred" (Bad Afro), ademáis do directo "De Sidste Her På Jorden" no 2011.
Sempre hai rumores dunha nova entrega, nos últimos meses especúlase que o seguinte lanzamento de Lorenzo Woodrose serán un disco en solitario, pero tamén se contempla a posiblidade dunha nova entrega dos Spids Nøgenhat, ou cecais como Dragontears, do que somentes lanzou unha referencia que é unha auténtica delicia. Sexa cal sexa seguro que nos encanta.
Hoxe, alomenos, vos deixamos unha mostra dos Spids Nøgenhat, a desfrutar.
Última hora!!! Los Wavy Gravies debutan en vinilo con este "Kings of the Underground". Doce trallazos de garage, surf e frat rock en vinilo de 12'', editado por Family Spree, e cos deseños de Rubén Suárez. Ide reservando as vosas copias, que isto voa... Mentres, xa o tedes dispoñible no bandcamp de Family Spree. Noraboa amigos, a por todas!!
Anton Newcombe segue cun enorme ritmo de lanzamentos. O venres pasado lanzouse o novo álbum dos Brian Jonestown Massacre, "Somehting Else", pronto nos faremos con el.
Polo momento chegounos o ep "Hold that Thought", un 10'' en vinilo branco, con dous grandes temas e máis boas novas.
Na cara A se inclúe 'Hold That Thought', tema de Newcombe, que tamén é o tema que abre o seu novo álbum "Something Else". Ne na cara B, 'Drained', de Newcombre, xunto coa baterista Sara Neidorf, e Heike Rädeker (da banda noise xermana 18th Dye), que ademáis anuncian como adianto do seu seguinte álbum, previsto para setembro. Así que, estaremos servidos con Newcombe e compañía nos seguintes meses.
THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE "Hold That Thought EP"
Isto promete. A autobiografía de Kenney Jones, que fora baterista dos Small Faces, e dos Faces, e posteriormente sustuíndo á lenda de Keith Moon en The Who, non sen polémica... unha das figuras de era Mod: Let the Good times Roll!
O 9 de xuño teremos aos LITTLE JUICE, presentándonos en directo o seu primeiro traballo, o EP "Drøwn" (Ulomanía Coop, ULO-004), coa súa particular mestura de freak soul, blues e pop. E despois sesión Black Grooves!.
No poster, a foto de Irene Ríos empregada na portada da edición.
Os Parquet Courts levan varios anos no máis alto da crítica. Ano tras ano levan dende o 2011 discos e eps case insuperables, amosando un nivel medio ao que ninguén chegaba. Plantámonos do 2018 e chega o seu sexto lp de estudio, chegan os cambios que xa adiantaran no seu anterior traballo compartido con Daniele Luppi ("Milano", Columbia, 2017). O principal cambio era o encargo da producción a Danger Mouse. Se naquel traballo encaixaba á perfección para poñer orde con tódo-los colaboradores que participaban, ao meter man nun álbum completo dos Parquet, a xogada perde efecto. Moitos agardábamos que este "Wide Awake!" ía de cabeza a mellor disco do ano polos temas que levaban adiantados, e de primeiras escoitas floxea por varios flancos. Pero tranquilos, que isto está cheo de temazos, ata varios que non son o habitual no seu rexistro: a xa coñecida 'Almost Had To Start A Fight/In And Out Of Patience' que vai ser un dos mellores temas do ano sen dúbida, pezas coma 'Total Football', 'Violence' ou 'Normalization' seguen a súa fórmula que tanto nos gusta, con un ollo mirando a The Clash, e outro aos Pavement. Logo outro pelotazo que é unha absoluta novidade, a propia 'Wide Awake!', un pelotazo de baile que non poderedes escoitar sentados. O problema que vos adiantábamos, son demasiadas pezas de medios tampos que non chegan a ningunha parte. Aínda así, a metade está a un nivel moi superior da media nestes tempos.