viernes, 1 de junio de 2018

Parquet Courts "Wide Awake!"

Os Parquet Courts levan varios anos no máis alto da crítica. Ano tras ano levan dende o 2011 discos e eps case insuperables, amosando un nivel medio ao que ninguén chegaba. Plantámonos do 2018 e chega o seu sexto lp de estudio, chegan os cambios que xa adiantaran no seu anterior traballo compartido con Daniele Luppi ("Milano", Columbia, 2017). O principal cambio era o encargo da producción a Danger Mouse. Se naquel traballo encaixaba á perfección para poñer orde con tódo-los colaboradores que participaban, ao meter man nun álbum completo dos Parquet, a xogada perde efecto. Moitos agardábamos que este "Wide Awake!" ía de cabeza a mellor disco do ano polos temas que levaban adiantados, e de primeiras escoitas floxea por varios flancos. Pero tranquilos, que isto está cheo de temazos, ata varios que non son o habitual no seu rexistro: a xa coñecida 'Almost Had To Start A Fight/In And Out Of Patience' que vai ser un dos mellores temas do ano sen dúbida, pezas coma 'Total Football', 'Violence' ou 'Normalization' seguen a súa fórmula que tanto nos gusta, con un ollo mirando a The Clash, e outro aos Pavement. Logo outro pelotazo que é unha absoluta novidade, a propia 'Wide Awake!', un pelotazo de baile que non poderedes escoitar sentados. O problema que vos adiantábamos, son demasiadas pezas de medios tampos que non chegan a ningunha parte. Aínda así, a metade está a un nivel moi superior da media nestes tempos.
Seguiremos dándolle moitas voltas.

PARQUET COURTS "Wide Awake"
(Rough Trade, 2018)



No hay comentarios: