martes, 5 de junio de 2018

Spids Nøgenhat


Imos con outra das nosas debilidades. Os Baby Woodrose son unha constante nas nosas sesións, esas melodías de Lorenzo Woodrose que sempre encaixan con todo. Hai pouco tempo caimos na conta de que nunca vos recomendáramos outro dos seus proxectos, prácticamente descoñecido por aquí, pero igual de interesante.
Spids Nøgenhat é un proxecto paralelo, de actividade intermitente. A súa vocación é igualmente psycodélica, pero tirando máis polas influencias do folk e con menos presencia de guitarras contundentes, e por suposto as mesmas melodías perfectas de Woodrose. Outra das súas características é que moitos dos seus temas están cantados en danés, e se adican a incluir moitos covers de bandas de culto dos 60s e 70s do seu país, coma Hans Vinding, Young Flowers, Tømrerclaus ou Røde Mor. 
Polo momento lanzaron dous álbumes: "En Mærkelig Kop Te" no 2001 (Orpheus Records), e no 2013 volveron con novos temas en "Kommer Med Fred" (Bad Afro), ademáis do directo "De Sidste Her På Jorden" no 2011. 
Sempre hai rumores dunha nova entrega, nos últimos meses especúlase que o seguinte lanzamento de Lorenzo Woodrose serán un disco en solitario, pero tamén se contempla a posiblidade dunha nova entrega dos Spids Nøgenhat, ou cecais como Dragontears, do que somentes lanzou unha referencia que é unha auténtica delicia. Sexa cal sexa seguro que nos encanta. 
Hoxe, alomenos, vos deixamos unha mostra dos Spids Nøgenhat, a desfrutar.




No hay comentarios: