miércoles, 6 de junio de 2018

"All Gates Open. The Story of CAN"

Aqui vai un dos grandes libros musicais do ano.
"All Gates Open. The Story of CAN", una das bandas máis rupturistas e avanzadas dos 70s. Os autores son o propio Irmin Schmidt fundador e compositor da banda, e o xornalista musical Rob Young. 
A obra divídese en dous volumes: na primera parte, All Gates Open, Young constrúe unha biografía da banda a través de entrevistas cos seus membros, e un interesante traballo de contextualización. Na segunda parte, Can Kiosk, é o propio Schmidt o que conta o seu propio relato dos feitos, desvelando moitos dos segredos de gravación e os traballo da banda, e tamén rastrea a súa influencia mediante entrevistas con outros músicos coma Mark E. Smith, Bobby Gillespie ou Geoff Barrow, e tamén cineastas coma Wim Wenders. 
Non agardedes apublicación en castelán, véxoo bastante difícil a curto prazo.

Irmin Schmidt & Rob Young: "All Gates Open. The Story of CAN"
(Faber Social, 2018)



No hay comentarios: