miércoles, 6 de junio de 2018

Joy Division "An Ideal for a Living"

Esta semana cumpríanse 40 anos do primeiro lanzamento dos Joy Division.
"An Ideal for Living" foi o seu primeiro EP, logo de acadar certo éxito como Warsaw en directo, e antes de asinar con Factory Records. 
Neste EP inclúense catro temas: 'Warsaw', 'No Love Lost', 'Leaders of Men' e 'Failures', dous temas que adiantaban todo o que viría despois, e dous trallazos de punk rítmico e furioso do que deixaron atrás dende entón. 
Foi autoeditado pola propia banda. Lanzouse o 3 de xuño de 1978, nun 7'' baixo o selo Enigma, creado pola banda, que empregaron únicamente para lanzar esta referencia. En outubro do mesmo ano lanzaron unha nova edición, co mesmo contido pero nun 12'', e baixo o selo Anonymous Record, tamén creado pola banda para a ocasión, e co que máis adiante lanzarían novas reedicións.
A mítica cuberta é un deseño do propio guitarrista Bernard Sumner, que nos créditos aparece coma Bernard Albrecht. A ilustración das xuventudes hitlerianas, o nome da banda e a tipografía foi unha das polémicas máis famosas da historia da música.
40 anos dunha lenda da musica.

JOY DIVISION "An Ideal for Living EP"
(Enigma, 1978)



No hay comentarios: