A semana pasada presentouse un novo álbum con temas inéditos do xigante John Coltrane: "Both sides at Once: The Lost Album" que sairá o próximo 29 de xuño, por suposto a través de Impulse! Records.
O material desta sesión foi rexistrado en 1963, nos estudios de Englewood co enxeñeiro Rudy Van Gelder, en New Jesey, nun momento de continuas e intensas sesións de traballo, que durante 15 días alternaron cunha estancia no mítico Birdland de NYC. Durante aquelas semanas tamén gravaron as sesións do que sería o álbum de baladas "John Coltrane and Johnny Hartman" ao que Impuse! lle deu preferencia absoluta. As gravacións que agora se publican desapareceron do rexitro do productor, e se recuperaron hai uns anos entre o material conservado pola familia de Coltrane.
As sesións deste "Both directions at once" foron gravadas polo cuarteto máis lembrado de Coltrane, con McCoy Tyner ao piano, Jimmy Garrison ao contrabaixo e o baterista Elvin Jones.
Neste traballo se inclúen dous temas inéditos, que manteñen os créditos do rexistro sen título 'Untitled Original 11383' e 'Untitled Original 11386'. Ademáis inclúe pezas que só se tiñan publicado en directo, coma 'Slow Blues' ou 'One Up, One Down', ou unha variación de 'Impressions' sen piano. Son un total de sete pezas, das que se conservan 14 tomas diferentes, e estarán dispoñibles en varias edicións, en formato sinxelo e con tódalas tomas alternativas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario