Moito temos falado deste álbum, e aínda non o recomendáramos no blog.
Os toledanos Sudor son un referente na escena hardcore e punk estatal. En só unha década de traballo e cun bó puñado de referencias fixéronse un oco no máis alto da escea. O ano pasado tivemos a sorte de poder traelos á presentación conxunta de Ulomanía Coop e Pantera e Iribarne un auténtico luxazo compartir o día con eles.
O seu último álbum este "Enamorado de la Muerte Juvenil" data xa do 2015, subtitulado como Otro disco de Sudor... son dez temas sen concesións, velocidade, contundencia e melodía. De mostra, 'Me suena a mierda tu grupo de punk', e o seu particular hit 'Algo en su cabeza hizo crack' un auténtico pelotazo. Un disco de referencia no xénero.
SUDOR "Enamorado de la muerte juvenil"
(Beat Generation/Todo destruido, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario