jueves, 10 de mayo de 2018

Parquet Courts, adiantos de "Wide Awake"

Xa queda moi pouco para a saída do novo traballo dos Parquet Courts. 
Os de New York pasan por se-la banda máis en forma do momento sen ningunha dúbida, ata o momento tódo-los seus traballos son impresionantes, e con cada entrega seguen subindo de nivel.
O álbum "Wide Awake" (Rough Trade) sae a próxima semana, o venres 18, e tras adiantarnos a fantástica 'Almost Had To Start A Fight / In And Out Of Patience' en febreiro, nas últimas semanas lanzaron dous novos videoclips. O do propio tema 'Wide Awake', unha peza de baile divertidísima, e a máis pausada 'Mardi Gras Bead'. Ademáis tamén atopamos o adianto de outros temas en sesións en directo, coma o de 'Total Football'.
Impacientes estamos xa por telo completo.




No hay comentarios: