miércoles, 23 de mayo de 2018

La Huella del Gato, historia dos Stray Cats

Máis libros. A través das redes coñecimos o lanzamento desta biografía dos Stray Cats. "La Huella del Gato, historia de Stray Cats" escrita e autoeditada por Marco Noriega. O trío das aforas de NY son unha das bandas fundamentais para comprender o rock dos 80s. Os Stray Cats (Brian Robert Setzer, James Robert McDonnell e Leon Drucker) deixaron un legado enorme, cunha etapa inicial brillante, e un período posterior bastante insulso no musical, separación e contínuas xiras de reunión. Pero de calqueira xeito, foron unha banda clave no revival do rockabilly dos 80s, e que tamén xogaron un papel fundamental como influencia en moitas bandas británicas de punk, do psychobilly británico e do post-todo o que veu despois.
Sempre apetece ler algo ameno dunha banda tan influínte coma esta. Aquí tedes a súa historia, discografía, concertos, nunha edición a cargo do propio autor, algo que tamén hai que apoiar nestes tempos.
Toda a info na web: straycatsstory.com

Marco Noriega "La Huella del Gato. Historia de Stray Cats"
(autoeditado, 2018)



No hay comentarios: