Máis novidades da terra.
Un dos lanzamentos más agardados da tempada é o lp de debut dos BASANTA. Quinteto vigués de enmascarados, (entre eles Roi Basanta, ex-The Blows), que nos ofrecen unha das propostas máis interesantes dos últimos tempos.
Basanta é rock psychodelico, melodías impecables con letras en castelán e a influencia de todo o universo de folk sixtie máis retorcido, ademáis dunha imaxe contundente de ritual pagano e ritos ocultistas.
Logo da súa maqueta do 2016 e os seus impresionantes directos, por fin chega "Colorama", o lp de debut. Comezan con 'Cromestesia', único tema que recuperan da súa maqueta. Pezas de rock psycodélico, coma 'Animal', 'Emperador' (esta nos remiten aos nosos queridos Soundtrack of Our Lives), 'Karma' ou 'Tentación', momentos acústicos máis pausados coma en 'Coyote', e a explosión de psychodelia orientalista de 'Thelema'. Mención aparte para 'Inferis', o tema que escolleron como adianto do álbum, co seu espectacular video clip, inspirado polos filmes da Hammer ou Amando de Ossorio.
Todo gravado nos estudios de Paco Loco, e coa colaboración do noso amigo Rubén Suárez (Family Folks) na mandolina e ata o mítico John Zorn pon o saxo na despedida de 'Arde'.
A edición é un auténtico luxo, carpeta gatefold en riguroso negro e dourado, con insert coas letras e info, entre o que podedes atopar a listaxe cos 30 instrumentos diferentes que empregaron para agravación.
Fixémonos esta semana con él e aínda non parou de xirar.
Un dos imprescindibles do momento. Só 500 copias, non sei a que esperades.
web: palabradebasanta
BASANTA "Colorama"
(C4Music, 2018)
No hay comentarios:
Publicar un comentario