martes, 1 de mayo de 2018

Kings of the Beach "Super Awkward, Fucking Awesome"

Hai un par de semanas que nos fixemos co fantástico "Super Awkward, Fucking Awesome", o flamante lp de debut dos Kings of the Beach!, tardou en sair a edicion en vinilo, pero ben que pagou a pena esperar.
Son 10 pepinazos marca da casa, con todo o habitual do seu repertorio en directo do último ano. Garage punk surfeiro e todo moi lo-fi, cambios de ritmo imposibles e xogos de voces de auténtico escándalo, pero todo iso xa o sabedes... 
Para comezar 'Eat Snot' e 'Blisters on my teeth' case sen pausa, e seguidas de 'Goats', que xa nos adiantaran en 7'' o ano pasado. Para rematar a cara A, tedes a tremenda 'Why Hawaii', para min o pelotazo do álbum. Na cara B a inquedante 'Slacker', 'Empty Bodies' 'Young Angus Young' e 'Creisi or What'. Ademáis recuperan 'Wasted/Young' e 'Surfin' da súa primeira maqueta do 2015.
Todo gravado e producido en Gamma Studio, e cos deseños de Roberta Vázquez (insert incluído), nunha edición curradísima a cargo de Ciudad Oasis, en tirada moi limitada, 200 vinilos negros, e 50 azuis, e tamén en cassette, pero para iso a estas alturas igual xa chegades tarde.
Dispoñible na web de Ciudad Oasis.

KINGS OF THE BEACH "Super Awkward, Fucking Awesome"
(Cuidad Oasis, 2018)



No hay comentarios: