lunes, 28 de mayo de 2018

Superser 7"

E por fin, aquí vos presentamos o 7'' de Superser, o último lanzamento de Ulomanía Coop, participando na edición con outros cinco selos.
SUPERSER é un trío de Cedeira (A Coruña), con membros procedentes de bandas coma os Black Jujus ou os míticos Rock-A-Hulas.
Practican una fórmula adictiva de garage, blues psicodélico e surf, inspirados en Link Wray, Roky Erikson, Sky Saxon, Larry Parypa ou Kim Salmon. 
Neste 7'’ (Ulo-005) presentan dous temas hipnóticos gravados nos Estudios Bajocero, e coas mesturas a cargo de Manu Selvática. 'No te pires nena' é puro garage psych, e 'Ámame como una perra' unha especie de deconstrucción do I Wanna be your dog que surfea entre o noise e la psicodelia. Unha xoia.
*Aviso: xa quedan moi poucas copias.
Superser en bandcamp.

SUPERSER "Superser"
(Ulomanía Coop., Pafff Bum discos, Pelgar, Sweet Grooves Recordings, 
Discos Positrónicos, Doente, 2018)




No hay comentarios: