Onte coñecimos un adianto ben interesante. Ty Segall e White Fence volven unilas súas forzas, logo daquel fantástico álbum que compartiron hai seis anos, "Hair" (Drag City, 2012). O seu novo traballo xuntos leva por título "Joy" e non sairá ata o 20 de xullo, pero xa está dispoñible para reserva en tódo-los formatos.
Polo momento nos deixan como adinato o tema 'Good Boy', con aires moito máis 60s do que nos teñen acostumado. Impacientes xa por escoitar máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario