Imos con un álbum antes do fin de semana.
Mentres agardamos a chegada de novos lanzamentos, imos a recomendarvos o novo dos Buttertones. Nesta nova entrega experimentan outros sons, que directamente etiquetan de xeito cinematográfico e non musical, thriller, comedia, drama... "Midnight in a Moonless Dream" divídese en dúas partes ben diferenciadas. Na primeira seguen con esa mestura de rock alternativo, garage e psychobilly sempre cos Cramps no retrovisor. No formal non hay demasiadas variacións con respecto ao anterior "Gravedigging" do ano pasado, cecais moito máis saxo, e mellores melodías, nesta ocasión de inspiración 80s. Comezan coa inquedante instrumental 'At the Dojo', que mestura jazz, surf e western terrorífico en menos de catro minutos. 'Baby C4' é unha mestura de psychobilly con post punk ruidoso na onda do primeiro Nick Cave, que será a tónica dominante desta parte do álbum, coma en 'Old Nick's Still Got it'. E destacaremos ademáis 'Winks and Smile', unha peza de rock primitivo cun ritmo frenético. Na segunda parte do álbum decae bastante o ritmo, e dominan as melodías, algunha demasiado pop que costa encaixar, incluso algunha pastelada dificil de dixerir. Pero coa primeira parte xa é bastante.
THE BUTTERTONES "Midnight in a Moonless Dream"
(Innovative Leisure Records, 2018)
No hay comentarios:
Publicar un comentario