martes, 22 de mayo de 2018

Oh Sees 'Overthrown'


Os Oh Sees de John Dwyer anunciaron onte o seu nvo álbum, "Smote Reverser" que sairá o 17 de agosto con Castele Face Music, e de paso xa nos adiantan a portada, obra de Matt Stawicki ao máis puro estilo das bandas de metal.
O tema de adianto é 'Overthrown', duro, cunha rítmica atronadora, pero segue a navegar polo garage psychodélico habitual da banda, con evolucións moi contundentes e enérxicas, pero tamén con estrofas de elaboración minuciosa. Impacientes por escoitar máis.
Polo momento xa o tedes dispoñible no seu bandcamp.




No hay comentarios: