jueves, 29 de noviembre de 2018

Modulador de Ondas "Planet Theremin"

Máis novidades do GZ Canibal.
Modulador de Ondas é o novo proxecto de Paulo Pascual (Foggy Mental Breakdown, Trem Fantasma e Camarada Nimoy). Agora nos presenta o seu primeiro álbum deste proxecto, "Planet Theremin", armado co seu theremin, e acompañado puntualmente de cellos e máis trebellos que teredes que descubrir.
Dispoñible en cd vinilo transparente, nunha tirada limitada a só 200 copias, así que apurade a reservalo na web de Planeta Theremin.
Nós xa nos fixemos con él.

MODULADOR DE ONDAS "Planeta Theremin"
(Planeta Theremin, 2018)



miércoles, 28 de noviembre de 2018

Joe Strummer "101"

Hai un par de meses lanzouse un recopilatorio do mítico Joe Strummer, da súa traxectoria posterior a The Clash, e aínda nos fixemos agora con el.
Leva por título "101", coma os 101ers que durante unha época o acompañaron, e inclúe numeroso material inédito.
A primeira parte recopila o mellor do seu material fora dos Clash, a maioría en solitario, pero tamén con The Mescaleros, The 101ers ou The Latino Rockabilly War. e unha chea de material en solitario composto para bandas sonoras e colaboracións con Johnny Cash ou Jimmy Cliff.
A segunda parte reune material inédito do arquivo persoal do artista, no atoparedes aínda máis variedade estilística, con temas compostos sobre todo entre 1984 e 1993, rematando cunha peza de 10 minutos, 'US North', composta por Strummer e Mick Jones. Todo dispoñible en cd dobre e 4LP.
Unha boa sorpresa este recopilatorio.

JOE STRUMMER "101"
(Ignition Records, 2018)




Bauhaus "The Bela Session"

Os Bauhaus están de cheo coas celebracións do 40 anviersario da formación da banda de cara ao 2019, e ademaís da reedición de tódo-los seus traballos, a semana pasada lanzaron o ep "The Bela Session".
Trátase das primeiras sesións de estudio da banda, recuperadas por primeira vez nun lanzamento oficial e remasterizadas dende as gravacións orixinais, xa dende hai anos circulan copias pirata cun son bastante lamentable.
Nesta sesión se inclúe a primeira gravación do mítico 'Bela Lugosi's Dead', e o tema orixinal de 'Boys' que formarían o maxi single lanzado aquel 1979, aínda que o tema da cara b foi lanzado cunha versión diferente ao desta sesión.
Ademáis inclúen o tema 'Harry', adicado a Debby Harry con ritmos xamaicanos, e que xa incluíran no EP "Kick In The Eye (Searching For Satori E.P.)" de 1982. Completan a sesión dous temas inéditos máis: a rítmica 'Some Faces', e 'Bite My Hip', que tras varias sesións remataría mudando ata converterse na coñecida 'LAgartija Nick'.
A cuberta do lanzamento está realizada cun negativo da portada orixinal do "Bela Lugosi's Dead". 
Dispoñible dende a semana pasada, e polo momento a un precio estupendo.

BAUHAUS "The Bela Session EP"
(Leaving Records, 2018)



domingo, 25 de noviembre de 2018

Futuro Terror Vs Nave Nodriza

Video clip entre Futuro Terror e Nave Nodriza, un crossover entre 'Se encerró' dos alicantinos, e 'Qué importa?' dos coruñeses. 

jueves, 22 de noviembre de 2018

Charles Bradley "Black Velvet"

En setembro, cando se cumpría un ano do pasamento de Charles Bradley, dende Daptone Records publicaban o clip de 'I fell a change' e anunciaban o lanzamento dun álbum póstumo coincidindo coa data do seu 70 aniversario. 
E aquí temos "Black Velvet", dez temas gravados na última década e que por diversos motivos non se incluíron nos seus álbumes, e así debe entenderse. De feito só tres temas presentan unha mestura final, o resto están a medio rematar, ou sen a pista definitiva de voz.
Como curiosidade, Black Velvet foi un dos nomes cos que Bradley se presentaba artísticamente na súa etapa de imitador de James Brown.

CHARLES BRADLEY "Black Velvet"
(Daptone Records / Durham Records, 2018)



Outono Códax Fest: JP Bimeni

Terceira entrega desta edición do Outono Códax Festival.
O sábado 24, con Natty Congeroo e JP Bimeni & The Black Belts, na Sala Capitol.
Toda a info e entradas na web do Outono.



miércoles, 21 de noviembre de 2018

The Messthetics

E das orixes do que logo foi Fugazi, a unha das súas continuacións.
A comezos de ano, Bendan Canty e Joe Lally, batería e baixo dos míticos Fugazi, anunciaron o lanzamento dun novo proxecto. Trátase de The Messthetics, unha banda na que se acompañan da guitarra jazz de Anthony Pirog.
O álbum homónimo foi gravado a finais do 2017, e saiu en marzo deste ano. Aínda agora nos fixemos con el, pero sempre chegamos a tempo.
"The Messthetics Album" está composto por nove temas instrumentais, moitos deles con estructura de jazz e deixando liberdade a Pirog para a instrumentación, pero nos que tamén queda patente a pegada hardcore de Canty e Lally na rítmica de 'Quantum Path' ou 'Crowds and Power'.
Emocionante volver a escoitar a estos de novo.

The Messthetics "The Messthetics album"
(Dischord Records, 2018)



Minor Threat 2018

En 1985, os seminais Minor Threat lanzaron o seu último traballo discográfico. Tratábase do ep "Salad Days" (Dischord Recs.). A súa portada era unha unha foto da banda que se converteu en icónica, e como toda a súa música, quedou para sempre na memoria. 
A semana pasada, os catro membros da banda se reuniron para recrear a foto: Ian MacKaye, Brian Baker, Jeff Nelson e Lyle Preslar sentados no mesmo porche.
A foto foi subida ás redes por Baker, aínda que xa apuraron a indicarnos que non hai plans de reunión.




martes, 20 de noviembre de 2018

The Dandy Warhols 'Be Alright'

Os Dandy Warhols están de volta. A semana pasada lanzaron o clip de 'Be Alright', dispoñible en 360º e está protagonizado por Jessica Paré (Mad Men). 
O tema é o adianto do seu novo álbum "Why you so crazy", con saída prevista para comezos do 2019, e preparan xira para conmemora-los 25 anos da banda.



lunes, 19 de noviembre de 2018

Documental "Que suene la música"

A semana pasada estreouse, na web de El País, o documental "Que suene la música". Está dirixido por Javier Gómez Serrano, e narra a actividade cotiá dos selos independentes que forman a Unión Fonográfica Independiente (UFI) para conmemorar os 15 anos da agrupación.
Ver na web de El País: 



viernes, 16 de noviembre de 2018

"The Brooklyn Sessions"

Hai algún tempo que nos atopamos con estas Brooklyn Sessions, e esta semana voltamos a escoitalas case por casualidade, e ben paga a pena compartilas.
Co sinxelo nome de Brooklyn xuntáronse Adam Yauch dos Beastie Boys, e Tom Cushman, colaborador habitual da banda coas guitarras, ademáis de Daryl Jenifer de Bad Brains ao baixo, e o baterista Doug E. Beans dos Murphy's Law. Todos coincidiran en moitas datas da longa xira do Licensed to Ill dos Beastie Boys ao longo dos anos 86 e 87, e ahí naceu este proxecto.


Metéronse no estudio a finais de 1987, e de ahí saiu esta demo, con 15 temas que foi comprada por varios selos en diferentes momentos para a súa edición oficial, pero por diferentes motivos nunca se publicaron oficialmente.
Dende 1998 comezaron a compartirse pola rede e a día de hoxe tedes estas "Brooklyn Sessions" dispoñibles en numerosos sitios.
Un documento único dun supergrupo que nunca foi, pero do que nos quedan eses 46 minutos de diversión rock-punk-funk. De escoita obrigatoria.
Tedes a historia completa na web de FactMag.

"The Brooklyn Sessions" tracklist:
1. Woke Up This Morning
2. Flying High
3. Instrumental 1
4. Running Out of Time
5. Instrumental 2
6. Instrumental 3
7. Home
8. Goodbye
9. Down
10. I Don't Know (Ask for Gratitude)
11. I Don't Need You
12. Goodbye (Version 2.0)
13. Gone Crazy
14. I Don't Need You (Version 2.0)
15. I Don't Know (Ask for Gratitude) (Version 2.0)



jueves, 15 de noviembre de 2018

The Gypsy Souls

Aquí tedes, por fin, uns cantos vídeos do show dos Gypsy Souls do pasado 3 de novembro.
Xa tiñamos gañas de telos en directo e foron os encargados de inicala tempada de directos despois do verán, aínda que tardamos máis da conta en arrancar.
Aquí vos deixamos só tres temas, se queríades máis, xa sabedes, estivérades alí. 
Grazas Andrea e David, tremendos!! 
Un pracer tervos de volta.





miércoles, 14 de noviembre de 2018

Black Doldrums "Sad Paradise EP"

Outro dúo que vos recomendamos esta semana.
Black Doldrums son de Londres, e chegamos a eles vía Charlie dj. 
"Sad Paradise" é o seu flamante ep recén saído (en 12''), catro temas de psycodelia densa, de longos desenrolos e sobrados de potencia, con capas e capas de guitarra e unha batería que é unha auténtica tolemia. De mostra, escoitade con calma 'There is no eye' ou 'It's a Dandy Massacre'. E de paso metédelle unha escoita aos tres singles anteriores (a comezos de ano lanzaron o 7'' de "Those with a Rope around their neck"), e unha maqueta que lanzaron o ano pasado en cassette na que se inclúen versións previas dos temas deste ep. Temos traballo por diante con esta xente.

BLACK DOLDRUMS "Sad Paradise EP"
(Club AC30, 2018)



martes, 13 de noviembre de 2018

Los Retumbes

Primeiro single de Los Retumbes!! O dúo vasco é unha das propostas máis divertidas do momento. No verán os tivemos por aquí de xira, e a finais de setembro lanzaron este primeiro 7'' co selo Family Spree. Catro trallazos de garage punk sen concesións: 'Cansado De Esperar', 'Surfing Fukushima', 'Sin Amigos', e 'Smartphombie'. Guitarra e batería mínima son máis que suficientes para despregar todas esas historias delirantes. Recomendado!
Dispoñible no bandcamp de Family Spree.

LOS RETUMBES "Los Retumbes"
(Family Spree Recordings, 2018)



Stan Lee

Stan Lee
(1922 - 2018)



lunes, 12 de noviembre de 2018

The Mummies anuncian filme

Non sei se o mundo está preparado, pero The Mummies anunciaron a comezos de mes o lanzamento dun filme para o próximo ano. Esta dirixido por Jim Granato, e por suposto protagonizado pola propia banda. Impacientes estamos xa...



jueves, 8 de noviembre de 2018

Los Bengala 'Así nos va'

Novo clip de Los Bengala, co tema 'Así nos va' do seu lp "Año Selvático".


Outono Códax Fest: Marta Ren + Marem Ladson

Este fin de semana dúas novas citas do Outono Códax.
O venres 9 repìte visita Luke Wilson King coa súa banda, na sala Riquela. 
E o sábado 10 dobre entrega na Sala Capitol, co pop de Marem Ladson e o explosivo directo de Marta Ren & The Goovelvets.
Programación completa aquí.
Toda a info e entradas na web do Outono.



miércoles, 7 de noviembre de 2018

Mark Sultan "Let me out"

Máis novidades que nos chegaron este mes.
O novo de Mark Sultan trae bastantes novidades. En primeiro lugar pola súa chegada a Wick Records, o subselo de rock da escudería Daptone, e sobre todo polo xiro no seu son.
En "Let me Out" ofrécenos as súas melodías de sempre, pero desta vez sen ese son cacharreiro do seu proxecto one-man-band. Son 13 temas breves e directos moito máis limpos e próximos aos estándares do garage revival.
Non o deixedes pasar.

MARK SULTAN "Let me out"
(Wick Records, 2018)

Deerhunter 'Death in Midsummer'

Aínda non acabamos de dixerir de todo o anterior lanzamento dos Deerhunter e xa temos aquí o adianto do seu novo álbum. 
En maio lanzaron "Double Dream Of Spring" únicamente en formato dixital e cassette, un traballo experimental, prácticamente instrumental con inspiración no jazz, psycodelia e pop a partes case iguais. Agora Bradford Cox e compañía lanzan o tema e o clip de 'Death in Midsummer' como adianto do seu próximo álbum, que levará por título "Why Hasn’t Everything Already Disappeared?" cun novo xiro de son, e con saída prevista para xaneiro do 2019.



martes, 6 de noviembre de 2018

Calvin Johnson "A Wonderful Beast"

Haía tempo que non escoitabamos nada novo do mestre Calvin Johnson e aquí está de volta. Sempre botaremos de menos aos Beat Happening e aos Halo Benders, pero en tódo-los seus proxectos en solitario mantén ese estilo tan peculiar. Polas nosas contas había máis de 10 anos que non lanzaba material novo, así que aínda o collemos con máis gañas.
O seu novo traballo é "A Wonderful Beast", chega máis pausado e melódico do que nos tiña acostumado, pero sempre é un pracer voltar a escoitar esa voz despreocupada. Un álbum basícamente de pop, pero 'Kiss me sweetly' e 'Are we ready' son coma voltar 30 anos atrás. Un incombustible.

CALVIN JOHNSON "A Wonderful Beast"
(K Records, 2018)



Hardy Fox

Hardy W. Fox
(1945-2018)
The Residents



Outono Códax: "Trash" de Roberto Argüelles

Máis actividades do Outono Códax. 
O venres pasado inaugurouse a exposición que cada ano acompaña ao ciclo de concertos. Desta vez con obras do deseñador Roberto Argüelles. A mostra Trash está en A Reixa Tenda e Matrioska de Compostela.
Así a presentan na web do Outono:
De la mano de La Fiambrera Art Gallery, el dibujante y diseñador gráfico gallego Roberto Argüelles llega al Outono Códax Festival para presentar su muestra TRASH, palabra anglosajona con la que Argüelles (Vigo, 1972) ha querido titular su exposición y que literalmente significa “basura”, si bien utilizada en el ámbito artístico y de la cultura popular se asocia con el underground, el mal gusto, la contestación social y política, lo feo, las artes consideradas menores como el cómic, la televisión, el cine de serie B, el cabaret, los dibujos animados… y un largo etcetera de “actitudes” y productos que quedan fuera de las esferas elevadas del arte y la cultura. En este underground se ha movido siempre Roberto Argüelles, y así lo refleja en su trabajo, tanto como diseñador gráfico, como en su obra artística.En las piezas que integran TRASH, Argüelles muestra todas sus filias, todas sus influencias estéticas y culturales, y también algunos de sus iconos favoritos. La exposición funciona como un homenaje a todo lo que desde niño ha atraído su atención y le ha marcado como artista. Así, sus obras nos recuerdan a los dibujos de Tex Avery y Hanna-Barbera, a los cómics clásicos de Marvel de los maestros Stan Lee y John Romita, a los de terror y ciencia ficción de EC, a la ciencia ficción japonesa de los años 60 (Ultraman, Godzilla…), a los monstruos hot-rod salidos del lápiz de Ed “Big Daddy” Roth, a las pin-ups y las bailarinas de burlesque, a la lucha libre mexicana de El Santo y compañía, al arte tiki, al punk y al rock&roll, a las portadas de las novelas de detectives de los años 50, y mucho más.

domingo, 4 de noviembre de 2018

The Gypsy Souls

Fenomenal o concerto de onte dos Gypsy Souls
Xa tiñamos gañas de volver disfrutar desa impresionante voz.
David, Andrea, un pracer tervos de volta. 


viernes, 2 de noviembre de 2018

Sábado: THE GYPSY SOULS en directo

Mañán voltamos coa música ao vivo.
Sábado 3 de novembro: The Gypsy Souls en directo. 
Non vo-lo perdades.



Tess Parks & Anton Newcombe "id"

Outra entrega da asociación entre Tess Parks e Anton Newcombe.
No musical acompáñase desa psicodelia acústica dos Brian Jonestown Massacre, deixando todo o protagonismo á voz susurrante de Parks, sempre xogando coas atmósferas, e nesta entrega gañando densidade fronte a anteriores traballos.
O álbum leva por título sinxelamente "Tess Parks & Anton Newcombe" e arranca cos susurros increscendo de 'Life after Youth' para ir gañando intensidade en cada pista con 'Monochrome Wound' e 'Mount Pleasant'. As máis potentes 'Please Never Die' e 'Die Neue Welt', dúas auténticas xoias do xénero actual, e para rematar, unha despedida diferente con 'Right On'.
Fantástico outra vez.

TESS PARKS & ANTON NEWCOMBE "id"
(A Recordings, 2018)






jueves, 1 de noviembre de 2018

Los Wavy Gravies 'Howlin'

Los Wavy Gravies veñen de estrear onte mesmo a curta-videoclip do tema Howlin', pertencente ao seu lp de debut "Kings of the Underground". Grabado ao longo do mes de outubro, baixo a dirección de Juan Juste, e coa colaboración de unha chea de convidados e a aparición estelar de Lupe Castro.
Compartide!


Hank Wood and The Hammerheads "s/t"

Comezamos as recomendacións da semana con enerxía.
O novo álbum de Hank Wood and The Hammerheads está a ser unha das sensacións da tempada. A súa terceira entrega é outro álbum de punk como hai anos que non escoitabamos, cunha instrumentación moito máis coidada do que parece, acelerada e contundente. Todo en 22 minutos, no que nos ofrece dez trallazos urxentes e sen concesións. Neste novo traballo condensa unha enorme variedade de ritmos, melodías e propostas diferentes: o punk acelerado de 'You wanna die' e 'Concrete', cañonazos de garage coma 'How'm I supposed to wake up in the morning' ou 'Love is a cold white tide', a furia contida de 'It's lonely in this world all alone', ou o hardcore old school de 'Trapped and alone in it' condensado en un só minuto ou 'Nothing but a man', e a fantástica despedida de 'Whisper'. 
Tremendo discazo!

HANK WOOD & THE HAMMERHEADS "s/t"
(Toxic State Records, 2018)