Xa había tempo que quería compartir no blog o documental "American Hardcore. The History of American Punk Rock 1980-1986", que é unha especie de adaptación do libro de Steven Blush "American Hardcore, a Tribal History" do 2001, pero non foi ata esta semana que dende Birmingham me enviaron un exemplar fabuloso da súa segunda edición, revisada e ampliada, e publicada en novembro do 2010, xa pasou tempo da primeira e dende logo nin pistas de previsión dunha edición nas españas. Así que encantado estou co agasallo!!.
Steven Blush
"American Hardcore, a tribal History"
(Feral House, 2001)
Na súa versión orixinal trata fondamente o movimento hardcore dos USA, tódo-los seus estilos, as diferencias entre os dous extremos do pais, e as súa principais derivas, por suposto con amplas entrevistas cos seus principais protagonistas, ademáis dunha guía minuciosa de bandas, álbumes e demáis prublicacións. Esta segunda edición de case unha década despois, é unha revisión ampliada, de case 100 páxinas máis, que conta con novo material antes descatalogado, ou que non tivera o seu debido recoñecimento, con 25 entrevistas máis, e un novo capítulo titulado Destroy Babylon que afonda na deriva espiritual do movimento. Unha auténtica marabilla.
Pero sobre todo esta obra de Blush tivo o seu éxito polo documental do mesmo nome que se estrou no Festival de Sundance do 2006, titulado "American Hardcore. The History of American Punk Rock 1980-1986" dirixido por Paul Rachman coa producción de Sony Pictures Classics e a supervisión do propio Blush. Ahí atoparedes a Henry Rolins, Ian MacKaye, Jimmy Gestapo, os Bad Brain... afondando nas raíces do seu movimento, nas cuestións polícas, sociais i económicas, no seu desenvolvemento, a violencia e o caos... Ademáis vos recomendo a web oficial do documental, que a productora todavía mantén, a modo de guía do documental, bastante interesante, ainda que non moi actualizada coma a segunda edición do libro.
Aquí volo deixo en versión orixinal subtitulada:
AMERICAN HARDCORE. The History of American Punk Rock 1980-1986.
2006. USA. Dir: Paul Rachman. Guión: Steven Blush.
documental
*está en 11 cortes, aquí vos deixo o primeiro:
No hay comentarios:
Publicar un comentario