viernes, 23 de marzo de 2012

Dr.John, the Night Tripper "The Sun, Moon and Herbs"

Xa había tempo que non tíñamos un clásico da semana, pero desta vez tocaba recuperalo. Levo tempo buscando este álbum en vinilo e onte por fin me fixen con él. Dr.John (Mac Rabennack) é un dos grandes xenios de New Orleans, herdeiro confeso do Proffesor Longhair, e renovador de toda a tradición musical da Louisiana. Comezou  a súa carreira en varias bandas locales, e logo durante moito tempo coma músico de acompañamento ou de estudio de artistas tan populares na época coma Phil Spector, Sonny & Cher, Canned Heat ou Iron Butterfly. A finais dos 60 decide tomar as rendas da súa carreira e baixo o nome de Dr. John Creaux comezará a grabar as súas propias composicións. O seu debut prodúcese en 1968, xa convertido no sonámbulo eterno Dr. John, the Night Tripper, co famoso álbum "Gris-Gris" (Atlantic, 1968) no que mesturaba a tradición da música popular de New Orleans co rock psicodélico no que estaba tan curtido e de moita experimentación sonora que praticara en California. O álbum foi todo un éxito, ademáis da popularidade dos seus concertos, que máis ben parecían rituais de santería vudú, na que Rabennack  era ademáis o frontman dunha banda espectacular. Nos seguintes álbumes "Babylon" de 1969 comezou a introducir bases de jazz e avantgarde, e "Remedies" de 1970 que resulta moito máis irregular que os anteriores, semellas meros ensaios para o álbum que hoxe vos recomendamos. Esa primeira etapa péchase con este inmenso "The Sun, Moon and Herbs" de 1971, ó que logo seguirá un dos seus álbumes máis exitosos "Gumbo" de 1972, moito máis orientado o funk e ó rhythm'n'blues.

The Sun, Moon and Herbs contén tódo-los ingredentes da súa primeira etapa elevados ó máximo. Por aquél entón o LSD era unha canle máis de gravación nas sesións de Rabennack, que xa era a tempo completo un mestre de ceremonias vudú. Inmerso no seu personaxe profundiza aínda maís nos música tradiacional criolla da cidade, nos cánticos indíxenas e auménta a carga psicodélica do seu traballo, que se volve moito máis ecléctico e denso, pero tamén consegue unha fórmula única basada no rhythm'n'blues. Curiosamente nesta ocasión tan centrada na tradición conta con numerosas colaboracións que nada tiñan que ver coas súas raíces, a cantante soul P.P.Arnold e logo media ducia de estrelas británicas do novo r'nb que estaba a invadir os USA, ahí estiveron Mick Jagger, Eric Clapton e Graham Bond. En total foron máis de 30 músicos que participaron nas sesións de grabación, con numerosos metais, e co impresionante traballo de de Jim Gordon e John Boudreaux encargándose de todo o peso das percusións de todo tipo, que son fundamentáis no desenrolo de todo o material. O resultado son sete temas sobrecolledores, máis propio de un Mardi Gras macabro que de un álbum de rock, dende a inicial 'Black John the Conqueror' inspirada en Muddy Waters, a tremenda 'Craney Crow', 'Familiar Reality Opening' (a única que Rabennack comparte composición con Jesse Hill) e a tremenda 'Zu Zu Mamou' que se converterá para sempre nun dos seus temás perturbadores desta época, pero demasiado escuro para o que o público agardaba do relumbrón de estrelas colaboradoras, pero certamente un dos mellores traballos de Dr.John, seguramente o máis rompedor e arriscado, e tamén os de mellor resultado, aínda que tiveron que pasar unhas cantas décadas para poñer este álbum no seu lugar, sempre á sombra do seu debut "Gris-Gris" e sobre todo do seu seguinte álbum, e fenomenal "Gumbo", cunha especial mestura de r'n'b, jazz e funk pero que certamente está en débeda coas sesións desenroladas para este The Sun, Moon and Herbs... veña a flipar todos...

 DR. JOHN, THE NIGHT TRIPPER "The Sun, Moon and Herbs"
(Atlantic, 1971)


aquí tedes un par de performances desta época:


No hay comentarios: