A semana pasada cumpríanse 40 anos da estrea do clásico de Francis Ford Coppola O Padriño (The Godfather, 1972) pero coma sempre nós estivemos a falar na fin de semana do seu equivalente no universo paralelo que foi o blaxploitation: The Black Caesar, The Godfather of Harlem. Así que tocaba recuperar o Mondo RifPOP...
Así que nos remontamos 40 anos atrás, co enorme éxito da cinta de Coppola, o blaxploitation fixo a súa versión. Unha das características do xénero, aínda que non sempre, era o de facer as súas particulares versións dos éxitos do cinema recentes, transformando convintemente as súas tramas, temáticas e situacións, pero sobre todo o tratamento dos seus personaxes.
Aquí sempre domina a violencia e a vinganza como principal forma de xustiza. Así como resposta ó Padriño, o resultado foi este Black Caesar, de Larry Cohen. Sen embargo para non caer na copia demasiado evidente, tiraron deste título coma homenaxe á cinta de Mervyn LeRoy Little Caesar de 1931 (protagonizada polo enorme Edward G. Robinson), aínda que subtitulada con máis fortuna The Godfather of Harlem. Tratábase de segui-lo ronsel comercial do Padriño de Coppola, pero na realidade inspírase moito máis en Little Caesar ou mesmo en Scarface (por suposto na cinta orixinal de Howard Hawks de 1932). Como vedes moito máis ligada co cinema clásico dos anos 30 que co seu contemporáneo do que pretende segui-lo tirón, pero ahí estaba o posible negocio. Nas diferentes exportacións traducido sempre polo seu subtítulo de padriño...
Aquí sempre domina a violencia e a vinganza como principal forma de xustiza. Así como resposta ó Padriño, o resultado foi este Black Caesar, de Larry Cohen. Sen embargo para non caer na copia demasiado evidente, tiraron deste título coma homenaxe á cinta de Mervyn LeRoy Little Caesar de 1931 (protagonizada polo enorme Edward G. Robinson), aínda que subtitulada con máis fortuna The Godfather of Harlem. Tratábase de segui-lo ronsel comercial do Padriño de Coppola, pero na realidade inspírase moito máis en Little Caesar ou mesmo en Scarface (por suposto na cinta orixinal de Howard Hawks de 1932). Como vedes moito máis ligada co cinema clásico dos anos 30 que co seu contemporáneo do que pretende segui-lo tirón, pero ahí estaba o posible negocio. Nas diferentes exportacións traducido sempre polo seu subtítulo de padriño...
Gibbs e a súa banda en acción. |
O filme conta a historia de Tommy Gibbs, un neno de Harlem que se gana a vida coma limpiabotas mentres fai algún pequeno trapicheo con pouca fortuna, todos o tratan coma un inútil ata que un día nun desafortunado incidente a patrulla dun policia corrupto e racista o atrapa e tras darlle unha paliza que o deixa medio inválido, as autoridades o encerran nun reformatorio/cárcere. Durante os últimos anos prepara un plan minucioso para vengarse de tódo-los que o maltrataron. Volve ó barrio en 1965 con ánimo de converterse nalguén importante, e de liberar ós seus veciños do control da mafia que se estaba a impoñer. Nun comezo á súa loita ten un importante compromiso social e racial, de liberación da súa xente da extorsión dos italianos, pero segundo comeza controlando pequenos negocios ilegais vaise cargando a tódo-los pequenos xefes ata controla-los baixos fondos de Harlem e o seu control se extende por máis barrios de NYC, primeiro vengándose dos que lle fixeron a vida imposible na súa infancia e finalmente impoñéndose á mafia italiana, mentres por suposto os seus enimigos se multiplican por todas partes... o que comeza aparentemente coma unha loita solidaria, convértese nunha suxa e codiciosa loita polo poder e o diñeiro, na que todos lle darán a espalda, incluso a súa nai e a súa dona... unha boa historia de violencia unha que remata en traxedia total.
Como é habitual no xénero, o traballo de interpretación dos protagonistas nunca destaca pero tampouco deixan de cumprir, e neste caso está moi descompensada, ahí está Fred Williamson, que sempre cumple, aínda que bastante encasillado nos seus papeis, sempre o fixo con solvencia, pero o resto do reparto xa é máis esquecible e mera comparsa do protagonista.
Pero se a liña argumental do filme se sostén con solvencia e mantén o ritmo durante toda a cinta, tamén contén unhas cantas escenas destacables, coma o asasinato na barbería ou os encontros cos capos italianos da mafia.
Unha das mellores imaxes dos retos de Gibbs cos mafia italiana de New York. |
Pero se por algo pasou realmente á historia popular este filme é pola súa banda sonora. Co paso do tempo é habitual que estas produccións se lembren máis pola súa música, xa que case sempre era cine de serie-b con presuposto limitado que ía acompañado con bandas sonoras que se convertiron en obras mestras da música negra, e iso é moito dicir. E neste caso estamos a falar dunha das de maior calibre, xunto co Superfly de Curtis Mayfield, ou as de Isaac Hayes e Roy Ayers, sen dúbida.
A banda sonora de Black Caesar (1973 Polydor/UMGD) está composta integramente por James Brown e o seu colaborador Fred Wesley. Contén algúns dos mellores temas que todos recordaredes do padriño do soul, e incluso reutilizados en moitas máis ocasións noutros filmes, coma 'The Boss', ou sobre todo 'Make it Good to yourself', pero o tema do filme é sen dúbida este sobrecolledor 'Down and Out in New York City', o dito, para moitos a mellor bso do xénero e unha das mellores da historia do cinema.
Co éxito do filme Cohen tivo o atrevimento de facer unha secuela chamada Hell up in Harlem (1973, aquí traducida como Harlem Sangriento), que pasou á historia coma un auténtico desastre aínda que serviu coma un novo lucimento de Williamson. Cohen certo éxito de taquilla con It's Alive en 1974 (que logo convertiu nunha saga e ata da que fixo un remake), para facer seguramente o seu mellor traballo en 1977 con The Private files of J. Edgar Hoover, e ata a actualidade na que segue a traballar tanto como director e como guinista, pero xa alonxado do movimento afroamericano, aínda que en poucas ocasións puido escapar da serie-b.
E para rematar aquí o Padriño de Harlem, completa en versión orixinal:
Black Caesar. The Godfather of Harlem.
USA 1973. dir: Larry Cohen
reparto: Fred Williamson, Gloria Hendry, Art Lund, D'Urville Martin.
ver ficha en IMDb.
1 comentario:
Vaia pedazo de artículo que te curraches, meu. Links e todo...
Hala, vai directo para o Twitter.
Publicar un comentario