martes, 13 de marzo de 2012

Luther Russell "The Invisible Audience"

O pasado venres falando dos discos que máis estabamos a escoitar últimamente, nin o tiven que pensar, este é sen dúbida o disco que máis levo escoitado do que vai de ano, e cecais a única falta que hai na nosa lista cos mellores álbumes do 2011, pero é que me chegou despois de Reis no paquete especial de Grabaciones de Impacto, así que teño disculpa... pero é certo que dende entón poucas veces sai do plato de vinilo para escoitar outras cousas. Estou a falarvos do último traballo de LUTHER RUSSELL "The Ivisible Audience" (Grabaciones de Impacto, 2011), que ademáis nesta esquina do mundo temos a sorte de que a discográfica encargada somentes fai traballo de auténtico artesano, e así se converte nun dobre vinilo de 180gr encarpetado en auténtico luxo en edición limitada a 500 copias. Este é o seu quinto traballo en solitario logo de abandonar The Freewheelers, e se xa levaba tempo apuntándose como sucesor de Elliott Smith, é posible que con este traballo xa o pasara de largo. The Invisible Audience é un traballo moi ambicioso, son 25 temas, moitos deles sinxelas pontes instrumentais entre outros, pero que van enlazando auténticas xoias de pop luminoso con outras de blues furioso, con pinceladas de glam, coa esencia do pop indie dos 80, coas mellores melodías dos 60, con toques de auténtico folk norteamericano, e pouso do mellor powerpop dos 70s como Big Star... en definitiva do mellor que teño escoitado en moito tempo. Déixovos insertado os audios, pero mellor que apuredes a facervos cos poucas copias que queden... 
Especialmente recomendado!!

LUTHER RUSSELL "The Invisible Audience"
(Ungawa L./Grabaciones de Impacto, 2011)


No hay comentarios: