martes, 27 de marzo de 2012

Merc 28: Mark Lanegan Band


Por fin nos decidimos, e xa nos fixemos coas entradas para o show de mañan mércores na Sala Capitol de Compostela: Mark Lanegan coa súa banda. Imos a ver que pasa por que con personaxes coma este nunca sabes se poderá ser un dos concertos da túa vida, ou unha desas ocasións nas que saias da sala botando mil pestes... esperemos que sexa o primeiro... e coa curiosidade de ver como se desenvolven Creature with the Atom Brain en directo. 

Lanegan ven a presentar o seu novo álbum "Blues Funeral" (4AD, 2012), aínda que iso é garante de bastante pouco. [por certo, podedes facervos con el no Blog del Bam]. O seu último traballo floxea bastante, pero non nos imos enganar, por que Lanegan aínda segue na busca do seu gran álbum que deixar para a historia, se ben polo camiño sexa como solista, con banda ou cos numerosos proxectos nos que colabora xa deixou unha boa mostra do seu enorme talento, e non de destacar só pola súa voz, ningún dos seus traballos chegou ó nivel do "Bubblegum" (Beggars Banquet, 2004) e incluso ahí resultaba demasiado irregular... Pero o certo é que ten algo que sempre fai que teñas interese polos seus novos traballos. E algo parecido en directo, nós que xa o puidemos ver, e non saímos nada contentos, imos darlle outra oportunidade, a ver que pasa...


No hay comentarios: