viernes, 9 de marzo de 2012

Jon Spencer Vs. Thurston Moore

En medio da avalancha de bós concertos que temos últimamente nesta esquina do mundo, a próxima semana teremos dúas grandes citas dentro do ciclo Galicia Importa, o martes 13 en Santiago JON SPENCER BLUES EXPLOSION, (Sala Capitol, dende as 20:30h.), e ó día seguinte (mércores 14 de marzo, 21:00h.) e con pouco marxe de aviso se presenta THURSTON MOORE no Centro Ágora da Coruña. Como non se pode ir a todo, aqui tedes unhas pistas para que poidades escoller con máis criterio polo que podedes esperar:

Da JSBX non hai novidade discográfica, trátase dunha xira de retorno do trío orixinal, con Jon Spencer, Judah Bauer e Russell Simins. Eu puiden velos hai xa uns 15 anos e non sabia que agardar, pero vendo esto seguro que acabades por convencervos. É unha sesión en directo para Radio KEXP de Seattle, gravada en agosto do ano pasado, así que podedes facervos unha boa idea do que vos podedes atopar o próximo martes: 


E de Thurston Moore igual non coñecedes tanto a súa carreira en solitario ó marxe de Sonic Youth, pero chega co seu último álbum "Demolished Thoughts" (Matador, 2011 -e producido por Beck-), así que xa podemos intuir algo do que podemos agardar deste concerto, supoñemos que formato acústico con moitos instrumentos de corda... igual algo así como este concerto do pasado 31 de xaneiro en Boston... 


No hay comentarios: