Recomendación de disco moito máis fácil de conseguir... o cd que acompaña á Rockdelux deste mes de xuño (RDL 318) é o recopilatorio "La Fiesta es para todos!" que conmemora os 30 anos de Munster Records, reunindo 19 temas de tóda-las súas etiquetas (Munster, Vampisoul, Vinilissimo e Electro Harmonix) cunha divertida selección na que mesturan vellos temas de bandas sixties como Los Mockers, Tino Contreras ou Eugene Church, o revival dos Lyres, moito do caixón da new-wave-post-punk como Diseño Corbusier, Els Masturbadors Mongòlics ou Las Chinas, e tamén da máis absoluta actualidade, como Akron ou Danny and The Nightmares, pero sobre todo o tema de Jonathan Richman 'La Fiesta es para todos!' que da título á selección. Recomendado, e o atoparedes en tódo-los quioscos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario