jueves, 20 de junio de 2013

David Falcón en directo na praza Alfredo Brañas.

Mañán Venres (21 de xuño) celébrase o día Internacional da Música. Para celebralo o Concello de Cambados tiña anunciado un concerto na praza de Alfredo Brañas, dos pontevedreses Black Stones xunto coas bandas locais Stand By e Noite Fechada. Finalmente mantense o cabeza de cartel, mentres que as dúas bandas de casa non aceptaron as condicións (supoñemos que era tocar e punto, sen máis... de favor) e finalmente será DAVID FALCÓN quen abra o escenario, acompañado unha vez máis por Rubén Iglesias ó piano, para ofrecernos os seus temas. Polo menos haberá música en directo na praza, pero esto montado sinxelamente coas tres formacións cambesas sería un éxito total de público, moito máis barato pagando a todos, e todo o mundo contento. Sería así de fácil.

Aproveitamos para recomendarvos que descarguedes a demo promocional que lle editamos no Rif-Rock a David Falcón en maio do ano pasado (ir á entrada orixinal) con seis temas que seguro que soarán mañán.





No hay comentarios: