miércoles, 12 de junio de 2013

Radioactive Toy, o concerto.

O sábado pasado volveu a música en directo ó Rif-Rock. Os protagonistas foron RADIOACTIVE TOY, unha nova banda que xa levaba uns cantos meses traballando nos seus propios temas, e por fin esta semana coemzaron a rodar en directo. Un pracer para nós botarlles unha man.
Alberto, Jesús e David ofrecéronnos oito temas propios de alto voltaxe e dúas versións instrumentais coa colaboración do baterista Alberto Chaves, o que tamén lle temos que agradecer que nos prestara parte do equipo para facelo posible. Na grabación atoparedes só sete dos temas de Radioactive Toy, falta 'Land of the Wolves' que nos deu uns cantos problemas coa edición e finalmente descartamos.  

Xa nos prometen máis concertos para xullo e agosto, así que seguídeos no seu facebook e no seu blog (http://radtoy.wordpress.com/) para enterarvos das novas datas e dos novos temas que suban.

Xa están tódo-los videos subidos nas anteriores entradas (parte 1 e parte 2) ou tamén aquí todo seguido RADIOACTIVE TOY (Rif-Rock 8 xuño 2013) nunha lista de reproducción. 


No hay comentarios: