jueves, 13 de junio de 2013

Docteur Legume et Les Surfwerks "Four Tales of Chemistry"

Co cambio de data da sesión de Michi Cacatone que ía ser este sábado (lembrade que finalmente será o Sábado 29 de xuño), e que algúns estabades agardando, aproveitamos para recompensarvos na espera, e vos deixamos unha boa recomendación de surf recén saída dun deses auténticos xenios do DIY. 
A finais do 2011 xa vos recomendamos neste blog que seguirades atentamente ó italiano Massimiliano Bocchio e o seu último enxendro de surf Docteur Legume et Les Surfwerks (ver entrada cos dous primeiros eps). Agora chega o seu novo ep "Four Tales of Chemistry" no que volve a inspirarse nos spaghetti western, no cine expresionista, na ciencia ficción e terror de serie b a base de guitarras twang e moito reverb... e non vos perdades as fantásticas montaxes dos clips!!


DOCTEUR LEGUME et LES SURFWERKS "Four Tales of Chemistry"
(Massimiliano Bocchio/Dr.Legume, 2013)
podedes descargar Four Tales of Chemistry aquí.




No hay comentarios: