miércoles, 19 de junio de 2013

The Mono Men "Wrecker!"

O álbum desta semana vai ser outras desas fantásticas gangas que nos atopamos rebuscando nas tendas de vinilos.
The Mono Men son unha das nosas bandas de referencia, do estado de Washington, e herdeiros directos do revival garaxeiro dos 80 decidíronse pola vía máis suxa e bruta, con The Sonics (e demáis bandas de garage e proto-punk da zona) e MC5 como cabeceira. Chegaron a aparecer naquel documental "Hype!" que tentaba retratar ó grunge de Seattle e arredores, sen moito criterio para definir á escena, pero sen dúbida polo que pasará a historia a banda é pola creación de Dave Crider do selo Estrus Records, no que por suposto editou a tóda-las bandas de veciños que lle deu a gana e non atopaban oco en ningures, e ahí atopamos a The Mummies, The Makers, Satan's Pilgrims ou os Southern Culture on the Skids... case nada!!!

Este "Wrecked!" de 1992 é o seu segundo lp, no que está condensado o mellor do seu son. Dende a bestial 'Watch Outside' que abre o álbum rapasan tódo-los paus garage, punk, psych... e así ata máis dunha ducia de lps e eps (menos no último...). Despois da reunión do 2006 que se chamou Spanish Attacks! para tocar exclusivamente na súa vila (Bellingham) e cinco datas en España, volven neste 2013... a ver se nos colle cerca!!

THE MONO MEN "Wrecker!"
(Estrus Recs., 1992)


escoita Wrecker! no blog TwilightZone!.


No hay comentarios: