lunes, 3 de junio de 2013

RADIOACTIVE TOY en concerto este sábado

Este Sábado volve a música en directo ó Rif-Rock!!


Nos últimos meses xa vos temos falado de RADIOACTIVE TOY, banda da que forma parte o noso amigo David Falcón, cando vos presentábamos os seus primeiros temas, e agora, por fin chega o momento de que comecen a presentalos en directo.

Radioactive Toy formáronse no 2012, e son David Falcón (guitarras e voz), Alberto Lamas (baixo) e Jesús Caramés (batería). Podedes seguilos no seu blog:http://radtoy.wordpress.com/ e tamén no facebook.
Eles mesmos se presentan así: 
Radioactive Toy é un proxecto de autodescubrimento. É unha forma de expresar o que nos alegra, entristece, motiva ou frustra. É un intento de crear unha nova forma de facer música. É a busca da nosa propia identidade musical nun mundo cortado sempre polo mesmo patrón.

Lembrade, no Rif-Rock poderedes velos o este Sábado:
RADIOACTIVE TOY en concerto!!
 Sábado 8 de Xuño dende as 23:30h. (entrada de balde).

E si estades o xoves por Compostela tamén os podedes ver en directo na Sala Moon, 
xunto con The Free Riders, dende as 22:00h. por 3€.




No hay comentarios: