Xa sabedes que The Bevis Frond é unha das miñas debilidades, o enxendro de Nick Saloman é unha desas bandas que sigo con paixón e sempre me pregunto, co fácil que parece, como non hai máis xente que faga cousas coma esta. En decembro do 2011 vos presentábamos tamén o seu anterior traballo "The Leaving of London" que remataba con 7 anos de silencio dende aquel espectacular "Hit Squad". Comentábamos que cecáis se facía maior, que reducía o seu ritmo de publicacións, e que seguía a ser brillante a pesares de deixar atrás as tempestades furiosas e os aceleróns ós que noutros tempos nos tiña acostumados...
Pois ben, agora está de volta con "White Numbers" algo así como a vinganza dos Bevis Frond, por que volve coma un dos seus vellso traballos e ademáis ó grande. Só con ver esa portada cutre, enxebre e coma se estivera feita a toda presa, sabes que o mellor Nick Saloman está de volta. "White Numbers" son 24 temas que suman máis de 2 horas de de tódo-los seus rexitros posibles, dende pop luminoso, furiosos cañonazos acelerados, distorsión, power pop e sempre con esa cadencia de psychodelia sixtie e as súas melodías perfectas. Só coa inicial 'Begone' e a súa forza pecha tóda-las bocas dos que botábamos de menos os seus temas de outros tempos, e dende ahí de todo o que poidades imaxinar, temas breves e directos ou longos desenrolos ata a despedida coa mastodóntica 'Homemade Traditional Electric Jam' de nada máis e nada menos que 42 minutos de instrumental!!
O atoparedes en dobre cd ou nun inmenso triple vinilo.
Un dos maiores xenios da psychodelia e do rock do último cuarto de século nun estado de forma incrible, ademáis un dos nosos imprescindibles!!
THE BEVIS FROND "White Numbers"
(Woronzow, 2013)
podedes escoitar white numbers aqui.
No hay comentarios:
Publicar un comentario