Ahí vai unha recomendación de auténtico luxo. Tom Waits e Anton Corbijn publican este enorme volume co mellor do material gráfico elaborado entre ambos dende que se encontraron en 1977. Este "Waits/Corbijn '77-'11" inclúe máis de 200 retratos de Tom Waits tomados por Corbijn, algúns realizados para os seus álbumes e moito material inédito. Ademáis inclúe un apartado de fotos caseiras ou máis informais tomadas polo propio Waits e a súa compañeira Kathleen Brennan. Para sumarlle máis lustre apuntade que o prólogo corre a cargo de Jim Jarmusch.
Un total de 226 fotografías, en gran formato (o volume é de 272 páxinas de 25,5 x 36 cm) e polo momento nunha tirada limitada de 6.600 exemplares. Sae á venda o próximo sábado, e xa o podedes encargar na web (Waits-Corbijn,TheBook) por 148€. Así que xa o sabedes, nos encantaría recibir un regalo coma este calqueira destos días...
Tom Waits e Anton Corbijn "Waits/Corbijn '77-'11"
(Schirmer/Mosel, 2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario