Este Xoves 21... Festa PLÁSTICO ELÁSTICO con
LOS CADAVERAS
LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE
no Chachán Clube de Santiago
1ª Festa de Plástico Elástico
ORGANIZA: Plástico Elástico - Musical Underground Especializado
ACTÚAN: Los Cadáveras e Los Hijos Bastardos de Peter Lorre
LUGAR: Cachán Clube (Rúa dos Loureiros, 16 - Compostela)
DATA: Xoves 21 de Outubro de 2010.
HORA: 21.30
PREZO ENTRADA: 5€
Los Cadáveras
(Low-Fi Rock And Rol - Pontevedra)
Son un dúo de Rock composto por Manuel Santos e Israel Ruiz "Indy". O grupo nace en Pontevedra no 2008 como proxecto paralelo ao traballo que ambos realizan con Thee Tumbitas. Exercen coma teloneiros destes en gran cantidade de ocasións o que lles proporciona a posibilidade de darse a coñecer, ata que o ano pasado Alberto Lodeiros proponlles gravar o seu primeiro sinxelo para o seu selo El Beasto Recordings. Este traballo ainda non veu a luz pero é un dos traballos máis agardados da escudería de A Coruña, xa que os videoclips de cada unha das cancións que compoñerán este 7" xa se poden visualizar en youtube obtendo inmellorables críticas.Ao longo destes dous anos de vida o grupo compartiu escenario con bandas coma Marky Ramone, The Fuzztones, The Morlocks, Lords Of Altamont, The Phantom Keys, Motociclón e os citados Thee Tumbitas entre outros, o que nos da unha idea do grao de excitación que poden chegar a provocar duas únicas persoas sobre un escenario.
Los Cadáveras xogan na división máis salvaxe do Rock, onde a alta fidelidade é unha aberración, o virtuosismo convértese nun pesadelo e o orixinario vólvese premisa. Maltratan o Rock para sacar del o seu lado máis perverso e divertido.
www.myspace.com/loscadaverasLos Hijos Bastardos de Peter Lorre
(Rock And Roll Cavernícola - Portonovo)
Entre pocións, calaveras, conxuros e cunha actitude completamente tola, estes fans de Screaming Lord Such fórmanse en xuño do 2007 en Portonovo (Pontevedra), co obxetivo de espallar a semente do Rock And Roll por todo o mundo. Con dúas guitarras e unha batería (en realidade, só bombo e caixa), estes catro cavernícolas adícanse a destrozar clásicos do Rock And Roll, así coma outras perlas ocultas. Agora presentan tres temas propios e unha versión ("That Jim" de Mackey Beers & The Rockitts) nun elegante e.p. de 7" gravado nos estudios Circo Perrotti por Jorge Explosion e Mike Mariconda e editado por Freeky Dicky Records. Los Hijos Bastardos de Peter Lorre son: Michi "Calambres" Lorre (Voz, Pandeireta e harmónica), Lorre Lorre (Guitarra Soista), Sheriff Lorre (Guitarra Rítmica e Voces) e Howlin´ O-Lorre (Batería, Berros e Ouveos).
Plástico Elástico
facebook.com/plasticoelastico
No hay comentarios:
Publicar un comentario