miércoles, 6 de octubre de 2010

KNIGHTS OF FUZZ. The Garage and Psychedelic Music Explosion 1980-1995

Agora imos cun libro que é moito máis que iso. Knights of Fuzz é un catálogo que recolle todo o máis salientable da explosicón de revival do garage e da psychodelia dende os anos 80. Pero este Knights of Fuzz non é máis que unha edición máis do proxecto posto en marcha por Garaga Nation e Purple Cactus Media Productions para investigar todo ese fenómeno. O primeiro dos seus traballos foi "Echoes in Time" de Timothy Gassen en 1990, que foi a primeiro volumen moderno que catalogaba o movimento garage-psych na década dos 80's. O proxecto enciclopédico foi crecendo, i en 1995 renovouse cun novo volumen actualizado ata a súa data, renombrado esta vez xa como KNIGHTS OF FUZZ. The Garage and Psychedelic Music Explosion, 1980-1995, tamén de Timothy Gassen. Un volume de máis de 300 páxinas, no que están recollidas as principais bandas do xénero con toda a súa discografía ata a data, albumes recopilatorios, fanzines, etc... O proxecto seguiu medrando e xa no século XXI veu á luz a modo de documental en dvd, co mesmo nome, incluíndo ademáis do documental 20 video clips, entrevistas, etc... e na actualidade continúan publicando álbumes de homenaxe a moitas desas figuras. Seguide a súa actividade no myspace de Knights of Fuzz
Aquí vos deixo a edición de 1996 de Timothy Gassen, a auténtica enciclopedia do revival garage psych, o volume completo con máis de 300 páxinas:

KNIGHTS OF FUZZ
The Garage and Psychedelic Music Explosion 1980-1995
(Timothy Gassen 1996 - Borderlin Productions)


No hay comentarios: