Se excluímos a tódo-los clásicos do movimento de revival da década dos 80, The Woggles serían posiblemente os máis grandes do xénero. A banda formouse aínda nos anos 80, en Athens, Georgia, en 1987, pero comezan a súa producción en 1990 da man de Zontar Records con varios 7'', ata que en 1993 Estrus publica o seu primeiro álbum "Teendanceparty". Dende os seus comezos amosaron a súa paixon polos sixties e sempre se caracterizaron pola súa peculiar mestura de garage rockabilly e blues, que pouco a pouco fóronse incorporando o o surf e o beat. Este "Ragged but Right" é o séptimo álbum da súa carreira, de dez en total ata o "Tempo Tantrum" do ano pasado, no que é un dos seus mellores álbumes nunha carreira que nos seus máis de 20 anos sempre mantiveron un nivel envexable. Asi que preparádevos...
THE WOGGLES
"Ragged but Right"
(Telstar Recs, 2003)
No hay comentarios:
Publicar un comentario