miércoles, 13 de octubre de 2010

Deerhunter "Halcyon Digest"

En tan só 5 anos Deerhunter están a convertir en posible aquelo de vide rápido e... (xa veremos como rematan os de Atlanta, pero o aspecto de Cox é de que de saúde non anda moi sobrado...). En tan só 4 álbumes e un par de eps xa pasaron polo noise psych máis cáustico, de kraut a base de puro metrónomo daquel "Cryptograms", pola experimentación máis ruidista, o ambient psycodelico máis atrevido en clave s.XXI e pouco a pouco ata agora, ata o dreampop de inspiración 60's deste "Halcyon Digest". Una reinvención continua da banda de Bradford Cox (tamén amo e sr dos Atlas Sound) no que aínda hai pasaxes de ruído ambiental, coma o inicial 'Earthquake' ou 'Helicopter' (máis ambient pop), pero realmente destacan por pezas como 'Revival', 'Don't Cry', a enorme 'Desire Lines', 'Fountain Stairs' e o culmen de 'Coronado' para rematar con 'He Would have Laughed' en homenaxe a Jay Reatard. Un discazo que non deberiades deixar pasar!!!

DEERHUNTER
"Halcyon Digest"
(4AD, 2010)


No hay comentarios: